GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

696
1369
O deán e o Cabido de Lugo outórganlle ao mosteiro de Santa María a Nova unha cortiña ao pé do devandito mosteiro e unha casa na rúa do Burgo Novo, e reciben a cambio as propiedades da prioresa en San Cosmede mais unha casa na rúa de Burgo Novo.

MADRID, AHN, Cód. 420 B, fol. 50v.

TRAPERO PARDO, J.: «Documentos históricos», BCML, t. VI, n.º 45-48, 1956-57, pp. 196-199.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos Roy Fernandes, dayan de Lugo, et as persoas et coengos dessa iglesia seendo iuntados en cabidoo por campaa taniuda enno coro desa iglesia, segundo que avemos de costume, da huna parte, et eu donna Sancha, priora do moesteyro de Santa Maria a Nova da çiudade de Lugo, con outorgamento das donnas do convento do dito moesteyro, da outra parte, fasemos entre nos estas permutaçon et concanbia, que seia valiosas et firmes para senpre por nos et por todos nosos suçesores, conven a saber que nos, os ditos dayan, et cabidoo damos et outorgamos en permutaçon et concanbia a vos, a dita priora, et convento do dito moesteyro para vos et para vosos suçesores, a nosa cortinna con seus iures entradas et seydas, que ias a pee deste voso moesteyro que vay topar a a pedra da Fadoyra, que foy de Gomes Arias et de Moor Afonso, con suas dereyturas et pertenenças, a qual dita cortinna vos as ditas priora et donnas destes a nos, o dito dayan, et cabidoo en concanbea por hunas nosas cassas, que nos avemos enna rua de Burgo Novo, para fondar en elas o dito voso moesteyro. Outrosi vos damos mays huna nosa casa que esta enna rua de Burgo Novo en que ora mora Pedro Arias de Quintiae, scudeyro do dayan de Lugo, con seu seido et cortinna, entradas et seidas et iures et agoas vertes, que he sub signo da capela de Santiago de Lugo. Et nos, a dita priora, et donnas do dito moesteyro asi reçebemos as ditas cortinna et cassa de vos, los ditos dayan, et cabidoo segundo que vos as nos destes [...]dos et damos-vos por ellas et outorgamos en permutaçon et concambea todo o herdamento et vos et cassas que eu, a dita donna Sancha, priora, ey en San Cosmede alfos da Pobra de [...] que me y perteesçe por Iohan Ferrnandes de Bolanno, cavalleyro que foy, con suas dereyturas et pertenenças; et outrosi vos damos mays huna casa que o dito moesteyro ha enna çiudade de Lugo enna rua de Burgo Novo, en que ora mora Tareyia Galeiga, a qual assy perteesçe a o dito moesteyro a meatade por Aldara Dias, donna do dito moesteyro, que lle deu Diego Gomes, thesoreyro de Lugo, quando ela entrou enno dito moesteyro, et a outra meatade que deu a o dito moesteyro don frey Pedro Lopes por la gracia de Deus, obispo de Lugo.

Et que esto seya çerto nos as ditas partes mandamos desto faser duas cartas en hun thennor [...].

[...] era de mill et quatroçentos et sete annos.

Testemoyas: don Iohan Afonsso [...].

Et eu Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo, a esto foy presente et fis scripvir et puge y meu signal.