GMH/ÍNDICE A-Z

857
1382, novembro, 15. Lugo
Afonso Pérez dóalles ao bispo e á igrexa de Lugo o seu quiñón dun terrado no igrexario de Santa Baia de Bolaño.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 35r.

Sabam quantos esta carta viren commo eu Afonso Peres de Magide de mina propia voontade dou en doaçon pura et firme et perpetua para senpre a vos, o moyto onrrado sennor don frey Pedro Lopes por la graçia de Deus, obispo de Lugo, et a vosa iglesia catedral de Santa Maria de Lugo, et a vosos susçesores, todo o meu quinon et dereyto et auçon que eu ajo et me perteesçe et deve perteesçer por rason de feytoria que fige en hun terrado, o qual fige eno iglesiario da iglesia de Santa Alla de Bolano enna herdade de vos, o dito sennor obispo, et da dita iglesia et o qual esta juntado a par d’outra casa d’Estevoo Peres, clerigo, et douvos-lo con todas suas dereyturas et pertenenças, entradas et seydas et jures et agoas vertes, aquelo que a min en el perteesçe por rason da dita feytoria, et prometo a Deus et a estes seus santos evangelios, que tango corporalmente de mina mao, que nunca revogue a dita doaçon por min nen por outren en vida nen a a morte, et se ende feser o contrario que fique perjuro et a dita doaçon fique firme, et obligo todos meus beens para vos-la faser senpre de pas. Et para que esto seia çerto roguey a Pedro Rodrigues, notario publico de Lugo, que fesese ende esta carta. Que foy foy (sic) feyta en Lugo, quinse dias de novembre, era de mill et quatroçentos et viinte anos.

Testemoyas que foron presentes: Pedro Ferrnandes das Camoyras, Johan Eanes, seu criado; Alvar Rodrigues, raçoeyro, et outros. Et eu Pedro Rodrigues, notario publico de Lugo por lo sennor obispo dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente fuy et a rogo do dito Afonso Peres, a que vi faser o dito juramento en minna presença, et puge y meu signo.