GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

108
1315, xuño, 17
foro

O bispo Gonzalo afóralle a perpetuidade ao seu criado Fernando González tres casares en San Miguel de Souto, coa condición de plantar viñas en seis anos, por quinta, 3 mrs. por dereitura e 5 mrs. de loitosa; deberán logo as voces pagar a dereitura e loitosa acostumada.



ACOu, Bispo, 111

Sabeam quantos esta carta viren que nos don Gonçalvo pela graça de deus bispo d’Ourensse damos a foro a nosso criado Fernan Gonçalves tres casares de herdade ena friiguesia de San Miguel de Souto no lugar que dizen Loyro de Iusao, dos quaes casares hun esta no lugar que chaman Outeyro en que mora Pero Leal e dous en Paaços nos quaes mora hun Johan de Trella e o outro Johan do Carneyro. Damos e outorgamos a foro ao dito Fernando Gonçalves os sobre ditos tres casares a monte e a fonte con entradas e con saydas e con todas suas dereyturas e perteenças por tal condiçon (...) e chante de vina ata seys annos aqueles lugares que foren para viña e que esteveren (...) viñas e que as pare ben que non falescan por mingua de lavor e de boon paramento, que os aia (...) possuya el e toda sua voz en iur de herdade para por senpre e dia ende a nos e a nossos suçessores cada anno en sua vida tanto quinta do pan e do viño que deus y der e tres mor. de moeda branca del rey don Fernando de que contan xvi pares de diñeiros por iii mor. por dereyturas en dia de San Martiño, conven a saber o pan na eyra e o vino no lagar por nosso moordomo, e a sua morte deve dar por loytosa v mor. da dita moeda. Et esta graça lle fazemos en sa vida por que avera gram traballo e gram custa en chantar e reparar as herdades destes casares. Et apus morte do dito Fernando Gonçalves a sua voz que ficar deve dar cada anno destes casares a nos e a nossos suçessores terça daquelo que deus y der e as dereyturas assi commo as deren dos outros nossos casares que estan en Loyro e en Paaços e loytosa commo a deren dos ditos casares de Loyro e de Paaços. Et estes casares non se deven apartir mays ca en tres vozes se os partir quiseren. Et Fernando Gonçalves e aqueles que teveren os ditos casares deven seer obedientes ao bispo de Ourense con os seus dereytos e non chamaren outro senorio contra el sobrelos ditos casares senon o do bispo. Et se pela ventura acaeçer que por colleyta del rey ou por alguuns malefiçios este Fernando Gonçalves ou sua voz seian obligados que os ditos casares fiquen livres e desenbargados ao bispo d’Ourense. Aynda e posto que se o dito Fernando Gonçalves ou sua voz quiseren vender ou obligar os ditos casares ou parte deles que vendan ou obliguen ante ao bispo d’Ourense por iusto preço que a outro, e se os el non quiser reçeber vendudos ou obligados enton vendan ou obliguen non a cavaleyro nen dona nen a religiosa pessoa nen a moordomo ou servo alleo, mays a atal pessoa que seia obediente ao bispo d’Ourense e conprea e agarde todas las condiçoens de suso ditas. Et se quiseren poer aniversario por suas almas pelos ditos casares que os poñan ante aa igleia d’Ourense ca allur. Aynda se contenda acaeçer entre nos e o dito Fernando Gonçalves ou sua voz sobrelos ditos casares ou parte deles que se determii por dous do cabidoo sen outra apelaçon. Feyta a carta en Ourense, xvii dias de juyo, era de mill e ccc l iii annos. Tests. Fernando Rodriguez cavaleyro, Gomez Perez casteleyro, Garçia Anes Castallo, Rodrigo Perez d’Ourantes escudeiros do bispo.

Et eu Fernan Perez notario da çidade d’Ourense polo bispo e pola igleia desse lugar a esto presente fuy e con mia mao o escrivy e meu sinal y puge en testimuyo de verdade.

(sinal)

[reverso] Carta de Fernando Gonçalvez.