GMH/ÍNDICE A-Z

56

1417, novembro, 19.
O Concello require ó alcalde Fernan Ares para que faga cumpri-las Ordenanzas aprobadas para o que se lle dará toda a axuda que fose precisa.
(Fol. 24)

Des et nove dias do mes de novenbre. Sabean todos que estando Fernand Ares, alcalle enna çidade de Santiago ante as portas da notaria de Ruy Martines, notario da dita çidade et estando ende presentes Martin Galos et Afonso Fernandes Abril et Fernan Gonçales do Preguntoiro homes bõos, regidores enna dita çidade et en presença de min Fernan Yanes, notario publico de noso señor el rey enna sua corte et en todos los seus regnos et escusador por lo dito Ruy Martines et das testemoyas adeante escritas, enton os ditos jurados et regidores frontaron et requiriron a o dito Fernand Ares que fesese cunprir et agardar as Ordenanças que eran ordenadas por eles et por lo conçello da dita çidade en rason das vendições que se en ela vendian et vendesen d’aqui endeante et non no querendo asi faser o dito Fernand Ares, que protestavan de se querelar del a noso señor o arçobispo et se y ouvese algũa persona ou personas que fose reveles et non quisese cunprir as ditas ordenanças et si o dito Fernand Ares ouvese mester ajuda para faser exsecuçon en bẽes das taes personas por la pena ordenada et estabeleçida ennas ditas ordenanças que eles eran prestes para yren con el a faser a dita exsecuçon. Et desto pediron testemoyo. Et o dito Fernand Ares diso que era presto para faser cunprir et agardar as ditas ordenanças et cada hũa delas. Testemoyas que a esto foron presentes: Nuno Vinagre, vesiño da dita çidade et Gomes de Baltar et Rui Garçia, omes do dito Fernand Ares.