GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

964
1418, decembro, 28. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles ó cóengo Xoán Yanes e a dúas voces un lugar en Castroverde por renda anual de 20 marabedís e outras obrigacións.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 129 v.
       

Ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et dez et oyto anos, viinte et oyto dias do mes de dezembre. Dentro en o coro da iglesia cathedral de Santa Maria de Lugo seendo y o dean, persoas, coengos et benefiçiados da iglesia de Lugo estando juntados en seu cabidoo por canpaa tangida, segundo que an de uso et de custume, aforaron a Juan Yanes, coengo de Lugo, por sua vida et d’outras duas persoas despoys del, o seu lugar que Roy Diaz de Teyxeiro lles mandara en Castroverde, que era da mesa do dito cabidoo, por viinte maravedis longos cada ano, que se obligou de pagar cada ano por dia de Natal, et obligouse que por sua custa et expensa fesese como o dito casal tirase et sacase da mao do dito Roy Diaz, et ho fezese aver paçificamente a o dito cabidoo et iglesia; et a finamento da pustrumeyra persoa que ficase o dito lugar lavrado et ben reparado, et as casas del feytas et cubertas et en boo paramento a o dito cabidoo.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o que sobredito he: don Juan Martines, dean de Lugo; dom Rodrigo Afonso, juys; Lopo Ferrnandes, Afonso Teyxeyro, Juan Lopes, Rodrigo Ares, Juan Dias, Fernan Rodrigues, Nuno Gonçalves, Afonso Ares, coengos; et Pedro Ferrnandes, et Afonso Rodrigues, raçoeyros da dita iglesia, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).