GMH/ÍNDICE A-Z

501
1347, xuño, 11. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlle a Afonso Fernández e a dúas voces un casal en Santa María de Tuimil polo que deben pagar anualmente como renda o cuarto do pan e viño, 15 soldos, mais a obriga de plantar vide e árbores.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 54r.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos, o dayam, et o cabidoo da iglesia de Lugo, damos afforo et avervo a vos Afonso Ferrnandes de Tuymir, clerigo de Santa Alla de Burdaos, fillo de Fernan Moogo, et a duas pesoas depus vos, huna qual vos nomeardes et outra que nomear aquel que ficar depus vos en este vervo, o noso casal de Tuymir, que perteesçe a a portaria dese noso cabidoo; o qual casal tevo Pedro Iohanes de Lama, con suas pertenenças et dereyturas, a monte et a fonte, peru quer que vaa, sub signo de Santa Maria de Tuymir, presente et outorgate Roy Peres, noso porteyro; a a tal preito que vos et as ditas pessoas que o lavredes et paredes ben et matenades as casas en boo estado, et que chantedes et provedes de novo o terreo da vinna vella do estremadoyro, et que façades y das arvores que fiquen presas as que poderdes, et avedes-nos a dar vos, et a pessoa que veer depus vos, o quarto do pan et do vinno que Deus y der, et a postremeyra pessoa desta en que ficar este vervo que dia o quarto do pan et o terço do vinno, conven a saber o pan ena ayra et o vinno a a bica do lagar, en paz et en salvo; et \por/ todas las outras cousas, que y ouver, que dedes de cada anno quinze soldos por dia de Sant Martino, et a o pasamento da pustrimeyra pessoa de vos o dito casal ha de ficar a a iglesia de Lugo livre et quito de vos et de vosa vos con todos los boos paramentos que y foren feytos.

Et eu, Affonso Ferrnandez sobredito, por min et por las pessoas que para esto assy foren nomeadas, asy reçebo este foro et vervo de vos, o dayam et cabidoo, et obligo por min et por todos meus bees de o comprir em commo sobredito he. Et que esto seya çerto et non vena en dulta nos, o dayam et cabidoo et Affoso Ferrnandes, mandamos a Fernando Peres, notario publico de Lugo, façer duas cartas en hun tenor a huna para nos, o dito cabidoo, et a outra para vos, o dito Affonso Ferrnandes, que seia seellada con noso seello et signadas con signal de vos o dito Fernando Peres.

Feyto foy esto en Lugo onçe dias de iunyo, era de mill et treçentos et oytaenta et çinco annos.

Testemoyas: don Alvar Diaz, arçidiago de Neyra; dom Aras Pelaes, arçidiago de Deçon; Pedro Galvan, Iohan Guterres, Iohan Dias, coengos; [...], clerigo d’Atan; Roy Gonçalves, Gonçalvo Rodrigues, clerigos do chro; Roy Peres, porteyro do cabidoo.

Et eu Fernando Peres, sobredito notario publico del rey ena çibdade de Lugo, a esto presente foy con as ditas testemoyas et por rogo das partes fis escrivir et puge y meu nome et meu signal.