GMH/ÍNDICE A-Z

569
1351, xaneiro, 4. Xiá
Afonso Xaneiro véndelle a Fernando Gómez a cuarta parte dun casal e toda a súa herdade no Freixido, freguesía de Santa María de Xiá, por 300 marabedís.
MADRID, AHN, Carp. 1332 E/23, perg. orix., galego, gótica cursiva, 243x111 mm.

Sabeam quantos esta carta viren et oyren commo eu Afonso Ianeyro, fillo que foy de Iohan Ianeyro de Giae et de Aldara Migueles, con outorgamento de minna muler, Maria Afonso, que esta pressente et outorga, de bom curaçon et de boa voontade para senpre vendo a vos, Fernan Gomez das Seixas, a quarta parte do cassal, que foy de Costança Migueles, con todo o herdamento que a min perteesçe en Freyxiido por parte da dita Costança Migueles, minna muler que foy, con suas cassas et iures et herdamentos et con todas suas dereyturas et pertenenças, seidas et entradas, a montes et a fontes, per u quer que vaa sub sinno de Santa Maria de Giae, que perteesca a a dita parte tamanna que vos vendo, et reçebo de vos en preço por esta vençon trezentos moravedis desta moneda ussal, de dez dineyros novees cada moravedi, de que me fezestes paga et entrega en dineiros et em prata a a minna voontade en presença do notario et das testemoyas subescriptas, de que me outorgo por ben entrego et ben pagado, et renuncio a exçepçon de pecunia non numerata, que a non possa alegar nen outro por min en nihun tempo, et todo a outra razon et toda \a/ outra razon (sic) et excepçon que por min podesse allegar para ir contra esta vençon et contra a paga della, que a non alegue nen me chame a ella, nen outro por min em nihun tempo; et obligo min et meus bees para vos faser esta vençon senpre de paz. Et logo por esta presente carta vos ponno no iur et posisom et propiedade do dito herdamento et ponno min fora del, et d’aqui adeante que aiades a dita vençon quita de min et de minna voz para senpre, et todo meu senorio et poderio seia tirado de min et posto en vos; et qualquer das partes que contra esto, que sobredito he, quiser pasar peyte por penna çen maravedis: os meos a a parte et os meos a a voz del rey, et a carta fique firme et valiossa para senpre.

Feyta a carta da vençon en Giae, quatro dias de ianeiro andados, era de mill et trezentos et oyteenta et nove annos.

Et nos, as partes sobreditas, rogamos a Vasco Rodrigues, notario nos coutos de Narla, que fezesse ende esta carta et a sinasse de seu sinal.

Testemoyas: Fernan Arres de Giae; Lopo Garcia, Fernan Lopes de Golmar,

Lopo de Carvallo et outros.

Et eu Vasco Rodrigues, notario nos coutos de Narla en quanto pertecen a or de Monterrosso (sic) por Iohan Rodrigues, notario de Monterroso, a todo o que dito he con as testemoyas presente foi et meu nome et [este] sinal aqui fiz que tal he. (+).