GMH/ÍNDICE A-Z

333

xullo, 31

Fianza concedida ao acusado de ferir ao notario Pedro Fernández de Porzomillos. (fol. 102-102v)

Loys Gonçalves.

En este día Gonçalvo Çarreda e Gonçalvo de Sarria e Rodrigo Bouçoaa vesiños d’Ourense et Afonso Rugel morador en Pyñor, todos de man comuun et cada huun porlo todo, se obrigaron que por rason que (- - -) morador en Bobadela, estava preso en cadea en poder de Loys Gonçalves, juis da dita çibdade, por rason que desía que fora con (- - -) quando dera a ferida e Pero Fernandes de Porçomillos notario, do qual era dado querella, por ende que se obrigavan e obrigaron todos de man comuun e cada ( fol. 102)
hun por lo todo, asy como fiadores carçereyros, de tornar a dita cadea ao dito (- - -) ata en a poder do dito juis ou de seu conpaneiro ata en fin do mes de agosto primeiro que ven, et sendo demandados porlos ditos juises ou por cada hun delles para que dian e entregen o dito prigoneiro enna dita cadea, que sejan tiundos e obrigados de o tornar a ela do día que foren requeridos sendo enna vyla a terçeiro día et fora a nove dias, e non sendo requeridos que sejan tiundos de o tornar ao dito termino de en fin de agosto, ou a sy meesmos por el e de estar ao dito juiso et pagar o julgado, para o qual obrigaron a sy e a seus beens etç. et deron poder a qual quer justiça etç. Tests. Rodrigo Anes demandador et Rodrigo de Sandoval e Afonso Caldellas.