GMH/ÍNDICE A-Z

H29
1435, decembro, 13

Xoán de Ortega afora a catro voces a Gómez Martínez, morador en Vilarrubín, un casal sito nese lugar, previamente revertido do anterior foreiro, coa condición de plantar viña nun par de leiras en seis anos, pagará cuarta das viñas que xa están plantadas e quinta das que plante ou cuarta se labra pan. (fol. 10-10v)

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu Joan d’Ortega, mestre escola enna iglesia d’Ourense et procurador de meu señor don Diego obispo d’Ourense, por poder que del ajo segundo que esta por este notario por quen esta carta he feita etç. dou et outorgo, aforo a vos Gomes Martines que sondes presente et a vosa moller Tareija Yanes que non he presente, moradores enno couto de Vyla rrobyn et a quatro voses apus finamento do pustromeiro de vos anbos, conben a saber que vos aforo o casar da Rua, que he do dito señor obispo et jaz enno couto de Vylarrobyn, o qual eu reçeby por maas paranças et por que non conpriron as condiçoens da carta que foy feita do dito lugar a Joan Rey et sua moller, e por ende faço vos foro do dito lugar, o qual vos aforo con todas suas casas e viñas e erdades et arvores e soutos e cortinas e pastos etç. e con todas suas entradas etç., que moredes por vos meesmo e por vosas voses o dito casar et reparedes as casas do dito casar et labredes et paredes ben as viñas que estan feitas enno dito casar, et chantedes de viña a leyra da Sobereyra et o piteiro que (esta)* /entesta\ ennas viñas de Afonso (a)* Lopes et de Gonçalvo Gomes en estes seys annos primeiros segentes et labredes e paredes ben, et façades da viñas que estan feitas foro de quarta et das viñas que feserdes et plantardes enno dito lugar foro de quinta, do pan se o y lab(r)ardes foro de quarta, a qual novidade colleredes por mayordomo do dito señor (fol. 10)
obispo, ao qual proveeredes de comer e de beber etç. e daredes a conposta enna viña et o viño branco no lagar et o pan enna aayra, et daredes mays por dereytura de cada huun anno ao dito señor obispo por día de San Martiño dez e seys mrs. de dños. brancos et do al de disemo a deus etç. et se quiserdes vender, deytar ou supinorar etç. et non faredes manda nen oniversario nen foro nen sobre foro nen poredes penson nehuna porlo dito casar a outra iglesia nen mosteiro nen persona etç. et seredes vos e as ditas vosas voses vasallos serbentes et obedientes etç. e non vos chamaredes a outro senorio etç. et se pleyto ou contenda recreçer etç. et se estas condiçoens non conprirdes que percades o dito casar etç. et obrigo os beens da mesa obispal etç. Et eu o dito Gomes Martines obrigo meus beens etç. Penna quiñentos mrs. etç. Tests. que foron presentes Afonso Fernandes de Sobrado, Ares Rugel, Afonso Yanes de Ventrases, Gonçalvo Garçia de Mugares. Feita XIII dias de desenbro.