GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

127

a
s/d

María Anes de Torno vende a Xoán Cereixo, zapateiro, e á súa muller Inés Rodríguez nunha metade, e a Xoán Francés e á súa muller Lucía Afonso na outra, unha leira de viña con oliveiras e árbores, da que farán foro de quinta ao bispo, por 1.450 mrs., 725 dos cales recibe xa, e polos outros entréganlle dúas tazas de prata en peñor. (fols. 39v-40)

Joan Çereyjo et Joan Françes.

Sabean quantos esta carta de venda viren como eu, Maria Yanes do Torno, moller que foy de Gonçalvo do Torno, vesiña et moradeira enna çidade d’Ourense, vendo firmemente por min et por toda miña voz et logo por esta presente carta entrego a vos, Joan Çereyjo çapateiro, que sondes presente, et a vosa moller Eynes Rodriges que non he presente enna huna ameatade, et a vos Joan Françes et a vosa moller Losia Afonso que non presente ena que non he presente enna outra ameatade, vesiños da dita çidade et a vosa a todas vosas voses segundo e enna maneira que a eu teño, conben a saber que vos vendo a cada hun enna ameatade huna leyra de viña que eu ajo e me perteesçe de dereito a çerqa da çidade d’Ourense onde chaman Santa Oufemea et parte de huna das partes con viña de Joan Garido et da outra parte con viña (- - -)
et ven feryr enna igleia de Santa Oufemea (fol. 39v)
vendo vos a dita leyra de viña con suas ouliveyras et con suas arvores que en ela estan et con todas suas entradas etç. por çerto preço que a vos e a min aprouvo de me por ela de conpra dardes mill et quatroçentos et çinqoeenta mrs. branca en tres dños. os quaes ditos mill et quatroçentos e çinqoeenta mrs. de vos logo reçebo os seteçentos e viinte e çinqo mrs. en diñeiros feitos et contados et os outros seteçentos e viinte e çinqo en duas taças de prata a prendas por los ditos DCCXXV .- de que me dou por pago et se mays val dou vos la en pura doaçon, por tal condiçon que façades da dita leyra de viña foro de quinta ao bispo da igleia d’Ourense et do al vendo vosla de disemo a deus por los ditos mrs., e logo todo jur, dereito, senorio, posison, propiadade, voz e auçon que eu ajo et teño enna dita leyra de viña todo o tiro e remo[vo] et parto de min e de todas miñas voses et a poño et dou et traspaso en vos o dito Joan Çereyjo \e vosa moller/ enna huna ameatade et en vos o dito Joan Fernandes enna outra ameatade etç. e por esta presente carta vos poño enna posison etç. et obrigo todos meus beens e os beens que a min son obrigados para vos faser saa et de paz a dita leira de viña etç. et renunçio etç. Penna mill mrs. etç. Tests. Afonso de San Pero, Joan de San Lourenço et Roy de Coyras, vesiños d’Ourense.