GMH/ÍNDICE A-Z

130
1318, xaneiro
testamento

Traslado de cláusulas do testamento do cóengo Martín Afonso.



ACOu, Escrituras XVII, 53

Conuçuda cousa seia a todos que en presença de min Affonso Vivyaez coengo da igleia d’Ourense e chançeller dessa çidade, Martim Affonso coengo desse lugar jasendo doente desse a min hun escripto çerrado e seelado do seu seelo dizendo e conffessando ante min e ante as testemuyas su escriptas que estavan presentes que este escripto era seu testamento e o que se en ele contiina que outorga e o dava por seu testamento e por sua postrimeira voentade e mando a min Affonso Vivyaez chançeller sobre dito que o tevese e o gardasse e se del deveesse deste mundo para o outro que metessem o dito escripto en publica forma e fesesse del testamento o mays firme que faser podesse, o qual mandava que valuesse assy commo testamento ou commo codeçillo ou commo outra qual quer pustrimeira voentade feyta por mao de publico notario que de dereito mellor e mays firmemente podesse valer. Esto fuy en Ourense en Çima de Villa ennas casas en que morava o dito Martim Affonso, lunes xxxi dia de março, era de mill e ccclviiiº annos. Testemuyas que a esto chamadas e rogadas presentes foron Bertolameu Peres notario d’Ourense, Pero Affonso monge do mosteiro de Santo Estevoon de Riba de Sil, Pero Rodrigues clerigo do coro, Johan Gonçalves alffayate, Miguell Peres mercador, Gonçalvo Anes d’Alongos, Martim Anes dito Seyxiño pixoteiro.

Depoys desto, quarta feyra, dous dias dabril ena era sobredita, fignando o dito Martim Affonso e soterrado, en presença de min Affonso Vivyaez coengo e chançeller sobredito e das testemuyas que en fondo som escriptas, Martin Maçia thesoureyro, Garçia Peres notario e Martim Rella que se disian herees e conpridores do testamento do dito Martim Affonso estando eno cabidoo pediron a Garçia Martines coengo e vigario geeral do onrrado padre e señor dom Gonçalvo polla graça de deus bispo d’Ourense que mandasse a min chançeller sobre dito que abrisse, veesse e publicasse o dito testamento e o metesse en publica forma e fesesse del testamento para senpre valedeiro et o vigario mando a min que o abrisse, leesse e publicasse logo. O qual testamento aberto, liudo e publicado mandou a min que o metesse en publica forma de testamento e fezesse del testamento valedeiro para senpre. Testemuyas que presentes foron dom Johan Rodrigues chantre, dom Pero Rodrigues arçidiago de Limya, don Pero Gonçalves arçidiago de Buval, Johan Eanes, Beraldo Affonso, (Mar)tim Fernandes, Pero Suarez coengos, Miguell Domingues moordomo do cabidoo e outros moytos. Do qual testamento o tenor atal he:

(E)sto he o que eu Martim Affonso devo: primeiramente a Martim Rella sesseenta libras etç. Esto he o que a min deven: primeiramente Johan Rodrigues de Moreyras dous mill mrs. peite.

In nomine domini mei Ihesu Cristi, era mª cccª lª viª in messe januari. Eu Martim Affonso coengo da igleia d’Ourense con mia soude e con meu entendemento temendo de me viir algun aviimento por que non possa a tenpo de meu passamento fazer meu testamento ou mya manda assy commo se devya a fazer o que deus non queira, faço este escrito por mya mao, o qual quero que seia meu testamento e mya manda se tal cousa acaesçer: Primeiramente mando a miña alma a deus e peço por merçee a santa Maria madre de meu señor Jhesu Cristo e a Sam Miguell con toda a corte celestrial dos angeos e dos amigos de deus que avoguen por ela e a livren de poder dos enemigos da nossa fe e mando meter o corpo eno meu moymento da pedra que puge ontrela aussia de Sam Louter e o moymento en que iaz mestre Iohan de Sorveyra. Iten mando a meu señor o bispo hun marco de prata. Iten mando ao cabidoo por manda a aquelles que foren presentes a mya supultura treçentos moravedis. Iten mando a esse cabidoo por leyto quinentos mor. Iten leyxo a esse cabidoo as casas e as viñas que conprey de netos de dom Estevoon Ourives que e tanto quanto lles leyxou Miguell Eanes de Lemos coengo que fuy d’Ourense e çelebrem aniverssario por mia alma segundo seu custume en outro dia de kalendas agostas e partan entre sy aquelles que forem presentes a fazer o aniverssario aquello que renderem as possissoens. Iten mando aos clerigos do coro çem mrs. Iten mando a mia criada Marina Martines a mya seara de Samarugeyras que he na friguesia de Paaços que teña en sua vida e a lavre e pare bem e nona venda nenna eallee e dia cada anno ao cabidoo d’Ourense quarta do viño que deus y der e a sua morte fique a seara a esse cabidoo e junten a renda ao meu aniverssario que mando fazer. Iten mando a casa con seu lugar que eu fige aa Fonteyña enno soar do cabidoo fique a esse cabidoo assy commo está con seu lugar. Iten leyxo o herdamento que tomey a foro do cabidoo en Noalla a meu heree que o chante eo (pa)re e o teña el e seus fillos e paguen o foro, e a morte dos fillos fique o herdamento ao cabidoo, et o cabidoo teña hun capelan que cante por (m)ia alma enna ygleia de Sam Martino e sirva aas oras. Este he o traslado do testamento do dito Martin Affonso coengo sobre dito, conven a saber das clausulas desse testamento que facian ao cabidoo da igleia d’Ourense, as quaes clausulas eu Affonso Viviaez coengo de [sic] sobredito em mina presença fige escrivir e meu sinal y puge em testemuyo de verdade aa petiçon do dean e do cabidoo desse lugar segundo que se en esse testamento contiina.

(sinal)

[reverso] Clausule testamenti Martini Alffonsi canonici capituli auriensis pertinentes 

Materias

alcume; alimentos; aniversario; arcediago; auto xudicial; avó; bieito; bispo; cabido; canon foral; capela; capelán; casas; catedral; chanceler; chantre; cláusula; coro; crego; criada; cumpridor; cumpridor; débeda; dignidades; distribución; doente; escritura; familia; fillo; fundación; herdanza; horas; libra; mandamento; mercador; mesa bispal; mesa capitular; mestre; misa; monxe; mordomo; mosteiro; muller; neto; notario; notario capitular; orde de San Bieito; ourive; pai; peixeiro; prebenda; provisor; publicación; seara; selo; sepultura; soar; testamenteiro; testamento; traslado; vigairo; viño; xastre; xurisdición; cóengo

Persoas

Bartolomeu Pérez, notario; Beraldo Afonso, cóengo de Ourense; don Estevo Ourive; García Martínez, cóengo de Ourense; García Pérez, notario; Gonzalo Eáns de Alongos; Gonzalo Pérez de Novoa, bispo de Ourense; Mariña Martínez, criada; Martiño Afonso, cóengo de Ourense; Martiño Eáns, dito Seixiño, peixeiro; Martiño Fernández, cóengo de Ourense; Martiño Macías, tesoureiro de Ourense; Martiño Rella; mestre Macías Estevez, tesoureiro de Ourense; Miguel Domínguez, crego do coro de Ourense; Miguel Eáns de Lemos, cóengo de Ourense; Miguel Pérez, mercador; Pedro Afonso, monxe; Pedro González, arcediago de Búbal; Pedro Rodríguez, arcediago de Limia; Pedro Rodríguez, crego do coro de Ourense; Pedro Suárez, cóengo de Ourense; Xoán Eáns, cóengo de Ourense; Xoán González, xastre; Afonso Vivián, cóengo de Ourense

Outros

Ourense, bispado; San Estevo de Ribas de Sil, mosteiro; Ourense, cabido

Lugares

Alongos; Búbal. Antiga xurisdición.; Lemos. Antiga xurisdición.; Limia. Antiga xurisdición e arcediagado.; Moreiras, Santa Marta; Noalla; Ourense; Ribas de Sil, Santo Estevo, mosteiro; Samarugueyras