GMH/ÍNDICE A-Z

663
1364, marzo,4. Lugo
O bispo e o Cabido de Lugo outórganlles a Xoán Fernández, como procurador de Estevo Fernández (inclúe a carta de poder: 1364-I-27, CD n.º 658), e á súa descendencia, as casas, herdades, rendas... de San Pedro de Líncora, por renda anual de 1000 marabedís, que lle deberán pagar ao prior do mosteiro de Santo Domingo.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 113v-114r.

In Dei nomine amen. Sabeam quantos esta carta virem commo nos, don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la graçia de Deus et da Santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, et o dayan et cabidoo da dita iglesia estando juntados por campaa tanjuda enno coro dessa iglesia, da huna parte, et eu Johan Fernandes, fillo de Stevoo Fernandes d’Archos, scudeyro, da outra parte, et en seu nome cuio procurador soo para esto que se sigue, por huna procuraçon que logo mostrou signada con signal de Iohan Ferrnandes, notario de terra de Tavoada, de que o tenor he tal:

Segue a continuación a carta de poder (CD n.º 658).

façemos tal pleito et pustura et composiçon [...] conven a saber que nos, o dito sennor obispo, et dayan et cabidoo damos et outorgamos para senpre por iur de herdade a vos, Johan Ferrnades, [...] de San Pedro de Lincora que he no dayadego de Lugo, con todos los disimos, pididos et personnas et casas et [herdades, casas et rendas] que lle perteesçen et perteesçer deven en qualquer maneyra des dia de San Johan Baptista que sera na era de mill et [...] que as aia para senpre por iur de herdade en toda sua vida, et a finamento do dito Estevoo Fernandes [...] Johan Ferrnandes [...] a vosso fillo primeyro ligitimo se o y ouver, et non avendo y vos ou vosso fillo, a o tempo do finamento do dito Stevoo Ferrnandes, que fique enno fillo ou neto mays grande que el ouver, et aquel en que asy ficar de sy adeante que fique para senpre por suçeson enno fillo mays grande que ouver, o en filla se y non ouver fillo, et non avendo y fillo ou filla que fique eno mays propinco d’aquel que tever a dita iglesia. Et que as aian asy para senpre hun pus outro, en tal maneyra que non possan partir nen eallear nen scambear nen faser outra dimitiçon da dita iglesia nen das herdades et casas et dereyturas dela en outro fillo ou filla nen pesoa alguna, mays todavia que senpre remaesca et este en huna pesoa da suçesson sobredita, segundo dito he. Et o dito Estevoo Ferrnandes en sua vida et qualquer das outras pesoas que en çima son nomeadas et suçeder [...] que den, cada anno, para senpre a o prior que for no moesteyro de San Domingo de Lugo mill moravedis, d’oyto soldos o moravedi, da moneda del rey don Affonso que foy, ou d’outra moneda corrente que os valla, en pas et en salvo ena çibdade de Lugo, por dia de Pascoa de Resurrecçon, para que o dito prior faça deles segundo nos, o dito sennor obispo, teemos ordenado ou ordenarmos, et que faça a dita paga a o dito prior en guisa que o dayan ou seu vigario lle de carta de pago dos ditos mill moravedis cada anno, et demays que apresenten et den cappellam ante o dayan que for a a saçon, que sirva a dita capella das oras et os outros ofiçios divinaes, et que lle de et aia de cada anno por la cappellania da dita iglesia por los fruytos et rendas dela, çinquo moyos de pan et [un] moyo de vinno, et que aia mays o dito capellan toda a offerta da dita iglesia de mao [...] et vagando a dita capelania que qualquer [...] dita iglesia, segundo dito he, que apresente a ela outro cappellan en aquel tempo que o dereyto manda, et o dayan que lle faça collaçon da dita cappellania [...] dela; et non lle presentando cappellan en aquel tempo que o dereyto manda que o dayan possa [...] en cappellan aquel que tever por ben [...] et dia o que sobredito he, cada anno.

Et eu, o dito Johan Fernandes, en nome do dito Estevoo Fernandes, meu padre, cuio procurador soo, et meu et [de meus] suçesores, assy reçebo a dita iglesia et rendas et dereyturas [...] a dita pustura et composiçon por la maneyra et condiçoes que ditas son, et obligo [...] por min et por aqueles que en nosa suçesson ouveren aaver os ditos moravedis, cada anno, todos los fruytos, disimos, rendas, dereyturas da dita iglesia de San Pedro de Lincora, et iunto et dou logo a a dita iglesia para senpre todos los herdamentos, vinnas et adegas et lagares et casas con suas herdades [...] et dereyturas, que o dito Estevoo Fernandes ha et lle perteesçe en qualquer maneyra ena dita fiigregia de San Pedro de Lincora, et enna fligregia [...], a montes et a fontes, peru quer que vaa, segundo as por el usan et pesuen, para dar et pagar a o dito prior de San Domingo os ditos [mill moravedis...] para senpre a o dito praso, et dar et proveer a o dito cappelan, que for posto na cappellania da dita iglesia, os ditos çinquo moyos de pan [et un moyo de vinno], en cada anno, segundo dito he. Et demays outorgo en nome do dito Estevoo Fernandes et meu et de nosos suçessores que non [últimas liñas do folio ilexibles]/ dulta nos las partes sobreditas rogamos a Fernando Garçia, notario publico de Lugo, que fezesse desto duas cartas tal huna commo outra, signadas de seu signal et posesse outra tal no livro do cabidoo, et por mayor firmidue nos, lo dito sennor obispo, et cabidoo sobreditos, mandaos seellar esta carta de nosos seellos pendentes para o dito Estevoo Fernandes.

Que foron feytas en Lugo, quatro dias de março, era de mill et quatroçentos et dous annos.

Testemoyas que foron presentes: don Ruy Ferrnandes, dayan, don Alvar Rodrigues, chantre; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Sarrea; don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deçon; don Ruy Gomes, mestrescola; don Diego Gomes, iuys; don Iohan Dias, thesoreyro; Thomas Gonçalves et Gonçalvo Eanes, Fernando Peres, coengos; Affonso Eanes et Aras Peres, raçoeyros de Lugo, et outros.

Et eu Fernando Garçia, notario sobredito de Lugo dado por autoridade do bispo dese lugar, a todo esto que sobredito he presente fuy et vi a procuraçon sobredita de que se en esta carta conten o traslado, signada con signal do dito Iohan Fernandes, notario, et a rogo dos sobreditos sennor obispo et dayam et cabidoo et de Iohan Fernandes, procurador sobredito, esta carta en minna presença fis scripvir en este livro do dito cabidoo et puge y meu nome et meu signal en testemoyo de verdade. (+).