GMH/ÍNDICE A-Z

154

1420, agosto, 16.
O Concello, por facer gracia e axuda ó mosteiro de San Domingos, exime a María Franca, panadeira deste, do importe que lle correspondía no repartimento.

Esta feira, des e seys dias do mes de agosto, estando Joan Fernandes Abril, alcalde e Martin Serpe, Martin Galos, Alvaro Afonso Juliate, Juan Ares da Cana, regidores jurados e omes bõos da çidade de Santiago enno sobrado da notaria de Rui Martines, notario da dita çidade //
(Fol. 79 vº)
en presença de min Fernan Eanes, notario etc. e scusador etc. enton os sobreditos diseron que por faseren graça, aluda e boa obra ao prior e convento do moesteiro de San Domingo de Santiago que quitavan a Maria Franqua pãadeira do dito moesteiro os maravedis en que era posta e repartida da renda que se agora recabdava enna dita çidade e que mandavan a os procuradores do conçello que lle non demandasen nen levasen dela os taes maravedis e que se tornasen en fallas ao dito conçello e que esta graça lle fazian en quanto tangia a esta renda, non mais. Testemoyas  Pero Yanes Abraldes e Lourenço Carneiro, alfayate, e Jacome de Regemir, demandador, vesiños da dita çidade.