GMH/ÍNDICE A-Z

316
1334, maio, 15
Sancha Eanes véndelle ao racioneiro Xácome Eanes o que lle corresponde na igrexa de San Vicente de Pedreda por 12 soldos.
MADRID, AHN, Carp. 1332 D/22, perg. orix., galego, gótica cursiva, 189x385 mm.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Sancha Eanes de Ruviae, filla de Iohan Ferrnandes do Tellado, de boa livre voontade vendo a vos Iacome Eanes, raçoeyro de Lugo, et a vossa vos, hun dineyro coroado d’esta moeda del rey don Affonso que eu aio de cada anno pe-llo pe do altar da iglesia de San Viçenço de Pedreda, con toda a renda et vianda et serviço que me perteeçe enna dita iglesia, et con todas suas dereyturas et pertenenças, et con todo o iur do padroadigo que eu aio en esta iglesia. Et reçebo de vos en preço por esta vençon doçe soldos desta moeda del rey don Affonso de que me outorgo por entrega et ben pagada, et obligo min et todos meus bees de vos façer de pas esta vençon, dessoie mays este dia todo meu poderio et senorio ende seia sacado et removido de min et posto en vos. Feyta a carta XV dias de mayo era de mill et CCC LXX et dous annos.

Testemoyas: Sancho Peres d’Avoyn; Iohan Eanes carneyro; Fernan Affonso de Quinte; Affonso Peres, escrivan, ts. Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo, a esto commo dito he presente foy et esta carta escrivi et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade. (+).