GMH/ÍNDICE A-Z

125

1419, xullo, 3.
Juan Ares da Cana, declara ter recibido 1.300 maravedís do salario polo seu oficio de alcaldía e derrama-la renda.

Daqui o juso por lo notario.
Tres dias do mes de julio. Sabean quantos esta carta viren, como eu Juan Ares da Cana, jurado enna çidade de Santiago, outorgo e conosco que reçebi de vos Alvaro Gil, canbeador e procurador que fostes do conçello da dita çidade de Santiago o anno que pasou de mill e quatroçentos e des e oyto annos, mill e tresentos maravedis de moeda vella contando blanqua en tres dineiros, os quaes eu avia de aver por rason de meu ofiçio de alcaldia como alcalle que fuy o dito anno enna dita cidade, de meu selario e por demandar a renda e dos quaes maravedis confeso e outorgo que soo entrego e ben pagado e renunçio a toda eixençon que non diga delo o contrario e a a ley do aver non dado nen contado visto nen reçibido nen pagado en presença do notario e testemoyas e dou por quito e livre a vos o dito Alvaro Gil e a vosos herdeiros de min e de mĩas voses por la dita rason para senpre. E eu o dito Alvaro Gil que presente soo asi o reçebo. Testemoyas que a esto foron presentes, Diego Garçia d’Ansoe, escrivan e Juan Gonçales da Cana, canbeador e Jacome Afonso, mercador e Lopo de Vilaverde, criado do notario infrascrito.