GMH/ÍNDICE A-Z

74

1418, marzo, 26.
O Concello como consecuencia do peñoramento de que foran obxecto veciños de Santiago no Ribeiro, por parte do Meiriño do Adiantado de Galicia, querelárase diante do arcebispo e este emitira cartas, ordena se pague 12 maravedís ó escribán do citado prelado que librou as cartas e 60 para Ares Chantreiro que levara as devanditas cartas.

Sabado viinte et seis dias do mes de março, este dito dia estando en Quintaa de Paaços en presença de min Rui Martines notario publico jurado da çidade de Santiago et das testemoyas adeante escritas paraesçeron Martin Galos alcalle enna dita çidade et Alvaro Afonso Juliate et Gomes Rodriges, bachiller en Decretos regidores jurados da dita çidade et Juan Garçia et Miguel Rodriges de Villar vesiños da dita çidade, os quaes o conçello et alcalles et regidores da dita çidade elegeron este dito anno para que por parte etc.. logo enton os sobreditos diseron que por quanto algũos vesiños da dita çidade foran peñorados et embargados enno Ribeiro da Avia por Rodrigo de Sandoval, meirino do Endeantado de Galicia et por outros algũos por seu mandado et o dito conçello se querelara delo noso señor o arçobispo, o qual lle mandara dar suas cartas de rogo para o dito Rodrigo de Sandoval et outra tal para Vaasco (...) seu casteleiro da casa da Barreira, sobre rason da dita peñora, por ende que mandavan et mandaron a Alvaro Gil et Pero Leiteiro, procuradores do dito conçello que presentes estavan que de qualquer moravedis que por lo dito conçello recabdlavan ou avian de recabdar este dito anno //
(Fol. 38 vº)
eles ou qualquer deles a Pero Afonso, escrivan do dito señor arçobispo que librara as ditas cartas dose moravedis blanqua a tres dineiros et outrosi que desen a Juan Ares Chantreiro para sua despensa porque avia de levar as ditas cartas aos sobreditos seseenta moravedis da dita moeda et que mandavan et mandaron que foren reçebidos en conta a os ditos procuradores ou a qualquer deles que os pagase os ditos moravedis. Esto fui enno dito lugar dia et mes et anno susoditos. Testemoyas que a esto foron presentes Vasco Fernandes Troque et Juan d’España et Juan Ares do Villar, vesiños da dita çidade.