GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

494
1434novembro, 25
Xoán Afonso, morador en Nucedo da Pena, demanda a María Gómez o pagamento dunha carga de trigo que asegura ter entregado na súa casa e non se lle pagara. (fol. 152-152v)

Sabean Et despois desto, a XXVº dias do dito mes, en Ourense, audiençia das vesperas, ante o dito Pero Rodrigues alcallde, Joan Afonso morador en Nusedo da Pena poso demanda de huna carrega de triigo de III fanegas de trigo a Maria Gomes moller de Gomes Yanes carpenteiro, que posera en sua casa enno mes de setenbro ou de agosto e que lle non dera trigo nen diñeiros et que pedía que lo mandasen pagar, et a dita Maria Gomes diso que lo negava et que catasen enno libro da alcavala e se achasen que y sía que era prestes de o pagar et doutra maneira que lo negava etç. et o dito alcallde sacou juramento das ditas partes de cal (fol. 152)

nolía et feseron e diseron a dita Maria Gomes que nonca tal trigo ouvera e o dito (- - -) diso que deso reçebido aa prova doje a quinse dias. Tests. Afonso do Cabo, Alvaro Fernandes, Joan Fernandes carniçeiro.