GMH/ÍNDICE A-Z

D172
1459, maio, 8
Xoán da Sobreira demanda a Fernando de Escornabois a alcabala de dez cargas de viño. (fol. 52v)

Feita e dada. Joan da Sobereyra.

A VIIIº dias de mayo en Ourense, Joan da Sobereyra demandou a Fernando d’Escarnaboys alcavala de des carregas de viño a CLXX(X)* mrs. cada moyo que vendera enno seu anno de LVII que el fora arrendador das alcavalas de Vila e Nova e Rante e agora llos enbargava Joan Gomes e Diego das Seixas, que lle mandasen pagar con as costas, et os ditos (alcalldes)* Joan Gomes e Diego das Seixas diseron que a alcavala que eran delles e que o visen os ditos alcalldes et que querian estar en elo, et sacaron logo juramento do dito Joan da Sobereiro, porlo qual prometeu de diser verdade e declarou que enno anno de LVII el vendera a Pero Alvello des carregas de viño a CLXX.- et que levara logo quatro carregas et despoys a cabo de tenpo en aquel anno que levara outras tres, et despoys enno anno de LVIII que levara as outras tres et os ditos alcalldes visto todo e o costume da çidade et coutos que lle mandavan ao dito (Joan)* Afonso (da Sobereyra)* /d’Escarnaboys\ que doje a IX dias dese et pagase ao dito Joan da Sobereyra os ditos CLXX.- con as costas. Tests. Gomes de Ribadiso, Lopo Carneiro, Gomes Pereiro, mestre Antonio, Rodrigo do Cabo. (fol. 52v)