GMH/ÍNDICE A-Z

109
1434, outubro, 31

Elvira Parenta, moradora en Pontevedra, dona á súa filla Maria Gonçales tódolos bens que lle pertencen por herdanza no couto de Nogueira.

(ff. 53 v-54)

O postromeiro dia do mes de outubro. Sabean todos que eu Elvira Parenta, morador ẽna villa de Pontevedra, que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas voses, non costrenguda por força nen por engano resçebida, mays de mina (sic) libre et propia voontade, dou et outorgo en pura, justa et saa doaçon para todo senpre, asy como doaçon mellor pode et deve seer et de derito mays valer entre vivos, a vos Maria Goncales mĩa filla, moller que sodes de Fernan Nunes escrivan, que sodes presente, todas las erdades, casas, casares, plantados et viñas que eu ey et a mĩ perteesçen de aver et erdar de dereito et en qualquer maneira et por qualquer rason, asi por herança de meu padre Fernan Parente et de meu tio Juan Parente como por qualquer via, ẽno couto de Nogeira et especialmente ẽnas fiigresias de Santo Tome et de San Viçenço que son ẽno dito couto; et esta doaçon vos faço por moyta ajuda et boa obra que de vos resçebi et entendo resçeber, et porque me pras et he asy mia voontade, et quero et outorgo que vos et a dita mĩa filla ou quen vos quiserdes posades entrar et resçeber et ajurar todas las ditas herdades et parte delas et os froytos et rendas delas que elas renderon ata aqui et que renderen desde aqui endeante, et faser delas et en elas toda bosa libre voontade asi como de vosa cousa propia, vos et vosas voses; et todo jur, senorio, posison, propiadade, vos, dereito, auçon, que eu ey et aver devo en esto que dito he que vos asi dou et outorgo ẽna dita doaçon, de min et de todas minas (sic) voses o tiro et tollo et en vos a dita mĩa filla et en todas vosas voses o poño et traspaso et removo por esta presente carta de doaçon que vos ende delo faço et outorgo en lugar de señorio et posison corporal, et prometo et outorgo de vos non revocar esta dita doaçon //

(roto de 4-5 liñas na parte superior)