GMH/ÍNDICE A-Z

97
1434, xaneiro, 30

Afonso de Lede, morador en San Lourenço de Nogueira, afora a Afonso Fernandes e á súa muller, por tempo de suas vidas, unha voz e vintenove anos, o casal de Canicovas por foro de 18 celemíns de pan, o tercio do viño e o cuarto das castañas.

pan style="font-style: italic;">(ff. 44 v-46)pan>

Trinta dias do dito mes. Sabean todos que eu Afonso de Lede, morador ẽna figresia de San Lourenço de Nogueira, que soo presente et que faço por mi et en nome de mia moller Mariña Rodrigues, da qual mia moller me obligo a dar outorgamento et que ela aja por firme et estavlle // esto aqui adeante contiudo por mĩ et por todos meus bẽes que obligo, por mĩ et en nome dela et por mĩas voses et suas, aforo et dou en aforamento a vos Afonso Fernandes, fillo de Fernan de Lede et de sua moller Maria Domingues, que aforades por vos et en nome de bosa moller Sancha Ardida et por mas hũa vos aalende o postromeiro de vos et por mais aalende viinte et nove anos, todo o casal, casas, casares et plantados, onde quer que vaa, a montes et a fontes, que disen de Canicovas, que he ẽna dita fiigresisa de San Biçenço, con mais a viña que disen das hordẽes et das cortiñas, et a viña do Resio Dagrela, et mais a leira de viña que jas ontre las viñas que son de Ynes Alvares et de Pero Viçente, ẽnas quaes bay a leira de viña que tiina Sancha Oanes por quinta, et a qual jas con a viña das hordẽes as quaes son desimo a Deus, et outrosi vos aforo mais a leira de viña, desimo a Deus que disen do Carregal, a qual jas ençima con outra leira de viña da dita Ynes Alvares et entesta na outra mĩa leira das Cortinas que vos asi aforo. Et aforo vos, como dito he, todo o dito casal, casas, casares et chantados et viñas suso ditas con todas suas entradas et seidas et perteensças et dereituras que lles perteesçen et perteesçer deven de dereito, con mais a mĩa parte do moỹno do dito lugar que hi feso Pero Ares, meu sogro, so tal pleito et condiçon que moredes nas casas do dito lugar et as tenades cubertas et restoiradas et, eso mesmo, que lavredes as herdades del et as tenades çertas et manifestas et quaes et quantas son, et outrosi que lavredes as ditas leiras de viña de poda et cava et rodriga et as çerquedes et valedes et requirades de todos los lavores que lles feseren mester de maneira que se non pergan por mingoa de lavor et chousura, et devedes dar vos et a dita bosa moller et a dita vos aale nde o postromeiro de vos et o que ouver os ditos viinte et nove anos, a mĩ et aa dita mĩa moller et a nosas vozes, por renda, çenso et conosçemento do dito casal, casas et casares et herdades del, en salvo sen desconto // algũo, dez e oyto çeramis de pan, medio millo et medio çeveira, medidos por la medida dereita de praça da villa de Pontebedra agora corrente, linpos de poo et de palla, pagos por cada dia de San Martiño do mes de novenbro, et mas por foros, por cada dia de Natal da naçença de Deus, hũu para de capõos et hũu açunbre de viño ullãao et tres mrs. de pan trigo cosido, et mais o terço do viño que Deus der nas ditas viñas, mosto aa dorna, o desimo ante a Deus pago de consũu, et vos averdes os outros dous terços por voso lavor et feitio; et devedes vendimar por noso mandado et proveer de comer a mĩ ou ao que por mĩ et por mĩas boses estever ao partir do dito biño; et demais eu et a dita mĩa moller et nosas vozes devemos de vendimar noso viño ẽno lagar do dito lugar et poer nas casas do dito lugar dous tonẽes de viño quando feser mester sen voso enbargo; et outrosi nos devedes dar o quarto das castañas do dito lugar ao pe do toro dos castiñeiros; et mais devesmos de partir de por medio toda a madeira do dito lugar aquela que se fesere mester para as ditas viñas, et en este foro non entran os enxertos novos que avemos eu et a dita mĩa moller con Afonso Yanes de Canicovas, que foron de Fernan Revolvellas. Et avendo vos de vender ou sopẽnorar este dito foro et o feitio que ende feserdes a mĩ e a dita mĩa moller et nosas vozes o devedes fazer querendoo nos, et non o querendo, que enton o façades a persona simitavles de vos que teña et conpra esto sobredito; et por esto devedes ser anparados et defesos con este dito aforamento por lo dito tenpo das ditas vosas vidas et a dita bosa vos et por lo dito tenpo dos ditos viinte et nove anos de todo enbargo, por nos et por todos nosos bẽes que a elo obligo, et so pena de mill mrs. de boa moeda que outorgo que eu et a dita mĩa moller et mĩas boses vos peitemos por pena seo asi non toveremos, conpriremos et contra elo vieremos. Et eu, o dito Afonso Fernandes, que soo presente et que faço por mĩ et por la dita mĩa moller et nosa bos e XXIX anos aalende, asi resçebo et outorgo este // sobredito aforamento por las manieras et condiçõos sobre ditas, et prometo et outorgo que eu et a dita mĩa moller et a dita nosa vos et o que ouver os ditos viinte et nove anos o teñamos et conpramos et pagemos todo asi aa boa fe de Deus et sen maao engãno, et por nos et por todos nosos bẽes que a elo obligo et so a dita pena; et, a pena etc.; todavia etc. Feito o estromento na dita villa de Pontebedra, ano, dias, mes sobreditos. Testemoyas que foron presentes: Pero Yanes do Rego, alfayate, et Juan de Deus barveiro.

Feita.