GMH/ÍNDICE A-Z

244
1328, xuño, 17. Lugo
Miguel Eanes e a súa muller dóanlle ao bispo de Lugo dúas leiras e outras propiedades en Santo Estevo de Atán. Deseguido, o bispo afóralles estes bens a perpetuidade pola metade do pan e viño, a cuarta parte do liño e dous capóns anualmente.
MADRID, pan style="font-style: italic;">AHN, Carp. 1332 C/22pan>, carta part. por a.b.c., perg. orix., gótica cursiva, 241x180 mm.

A..B..C.. Sabeam quantos esta carta viren commo nos don Iohan por la gracia de Deus, bispo de Lugo, da huna parte, et eu Migeel Iohane d’Atan, morador en Souto, por min et por mina muller Maria Martines, da outra, fasemos entre nos tal vervo et preyto valedeyro pra sempre. Conven a saber que eu Migeel Iohanes por min et por esta mina muller sobredita dou et outorgo a vos, sennor obispo sobredito, et a vossa iglesia de Lugo pra sempre, duas leyras de vina que son sub signo de Santo Estevoo d’Atan, das quaes una iaz cabo a fonte da Casta cabo a leyra d’una herdade que foy de Migeel Dias, et a outra iaz a o Revoredo cabo a leyra de Maria Sanchez. Et outrosi vos dou quanta herdade esta mia muller, Maria Martines, ha et lle perteeçe et perteeçer deve en toda a friigresia sobredita de Santo Estevoo d’Atan, chantada et por chantar, con suas iures et pertenenças peru quer que vaa, et una cassa que esta en Alvardeo, cabo a cassa de Pedro Iohanes et a todoa d’Alvardeo. Et nos dom Iohan, obispo sobredito, por nos et por nossa iglesia et por nossos successores, damos et outorgamos avervo a vos, Migeel Iohanes et a vossa muller sobredita, Maria Martines, et a todos aquelles que veeren en vossa voz pra sempre iamays estas leyras sobreditas et este herdamento que nos vos agora dades, et esta cassa con sues iures et pertenenças, a a tal condiçon que vos et aquelles que veeren en vossa voz lavredes et paredes ben estas leyras et este herdamento sobreditos et cubrades et endereçedes esta cassa et a tenades cuberta et endereçada, et aproveytedes et chantedes estes herdamentos assi commo aproveytaren os outros da vinçindidade os seus, et dedes a nos et a nossos successores a meatade cada anno en salvo do vino et do pan que y lavrardes, et aproveytedes ben o dito lugar, tirada a semente de que vos avedes a entregar. Et outrosi nos avedes a dar cada anno a quarta do lino que y ouver et todas las outras cousas, avedesnos a dar cada anno dous capoes çevados por dia de San Martino. Et nos, obispo sobredito, et nossos successores, devemos a quitar de toda moeda et de todo pedido segundo os outros nossos serviçaes. Et nos as partes sobreditas outorgamos todo quanto aqui escripto he et prometemos et obligamos por nossos bees et prometemos a a boa fe et por pea de çem moravedis desta moeda del rey don Fernado de o comprir et guardar commo sobredito he en todo, et de non passar contra ello en ninhuna maneyra. Et que esto seia çerto et non venna en dulta rogamos a Pedro Iacome, publico notario de Lugo, que fecesse ende duas cartas en hun tennor partidas por a.b.c.

Que foron feytas en Lugo XVII dias de iuyo, era de mill et CCC LXVI annos.

Et foron presentes: don Pedro Ruyz, iuyz de Lugo; Iohan Fernandes; Iohan Fernandes, clerigo de Vaariz; Estevoo Peres, clerigo de Santa Marina de Roosende; Fernando Rodrigues, vicino de Lugo; Pedro Eanes d’Atan, moordomo do bispo, et Affonso Peres, escrivan ts., et outros.

Et eu Pedro Iacome, publico notario de Lugo, presente fui et a rogo d’estas partes sobreditas fige escrivir duas cartas partidas por a.b.c. et puge en cada huna delas meu signal e testemoyo de verdade. (+).