GMH/ÍNDICE A-Z

320
1354, xaneiro, 2

pan style="font-weight: bold; ">foropan>

O bispo don Xoán afóralles a Álvar Sánchez, escudeiro, e á súa muller, Tareixa Iáñez, o casal de Cedofeita por cuarta de pan, uns agros, a metade dunha cortiña e os casais de Veives, Compostela e Campo por quinta, mais 10 mrs. e unha teiga de trigo por cada casal, e ademais outros 6 mrs. e unha teiga de ceveira polo de Compostela.

ACOu, pan style="font-style: italic;">Bispopan>, 73

Enno nomme de deus amen. Sabbean quantos esta carta viren commo nos don Johan porla graça de deus e da santa igleia de Roma bispo d’Ourense, damos e outorgamos a foro a vos Alvar Sanches escudeyro morador en Ourense e a vossa moller Thereyia Anes e a toda vossa vos para senpre os nossos cassares que nos avemos ena frigissya de San Pedro de Mesqyta, aos quaes chaman o casar do Veyves e o casar da Conpostella e o cassar do Canpo. Iten vos afforamos con estes ditos cassares os agros de pan que nos avemos eno dito lugar se Mysqyta, os quaes huun delles demarca porlo camyno que vay de Mesqyta para Soutomayor et da outra parte ena cortyna da igleia, et a outro agro chaman da Fonteenlla, que demarca de huna parte porlo camyno que vay de Mesqyta para Souto et vay ferir ao outro agro que está apar da viña do Prado. Iten vos afforamos o nosso cassar de Çedoffeyta que está assu a igleia de Mesqyta et a meatade da nossa cortyna da igleia con a froyta que está ena mea da cortyna que vos nos afforamos. Afforamos vos esto que sobre dito he a montes e a fontes con entradas e seydas e con todos seus dereitos, pastos e perteenças por hu quer que as aia e deva aver de dereito, por tal condiçon que lavredes e paredes ben os ditos cassares e herdades en maneira que non deffalescan por myngoa de lavor e de boon paramento et dedes de foro de cada anno vos e vossa vos a nos e a nossos suçesores dos ditos cassares de Veyves e do casar da Conpostella e do casaar do Canpo e dos ditos agros e mea corty[ña] a quinta parte do pan que deus y der ena ayra, et do dito cassar de Çedoffeyta nos avedes de dar a quarta do pan que deus y der na ayra. O qual pan que deus der nos ditos casares e agros e mea cortyna avedes de coller por nosso moordomo, ao qual avedes de proveer de comer e de bever comunalmente mentre se coller o dito pan. Et avedes de dar dos ditos tres cassares des moravedis de diñeiros brancos de des diñeiros o moravedi de cada cassar e senllas teegas de triigo, et do cassar de Conpostella seys moravedis de brancos e huna teega de çeveyra por dia de San Martiño do mes de novenbro de cada anno, et disimo a deus e livres e quites de todo outro enbargo. Et se por aventura vos ou vossa vos quiserdes vender, deytar ou supinorar os ditos cassares e herdades e mea cortyna ou parte dellas, que as vendades, deytedes ou supinoredes a nos ante ca a outro nihuun porlo justo preço que outre por ello der, et se as nos assy non quisermos que enton as vendades, deytedes ou sopinoredes aa tal pessona que seia semelavil de vos de que nos e nossos suçesores aiamos os ditos foros e dereituras que se dos ditos cassares han de faser ben conpridamente. Et obligamos os beens da nossa mesa para vos e a dita vossa moller e vossa vos seerdes senpre deffessos e anparados a dereito con esto que vos afforamos commo dito he. Et eu o dito Alvar Sanches por min e porla dita myña moller que non está presente e por toda myña vos assy o outorgo e reçebo en min os ditos cassares e herdades e mea cortina que me afforades vos o dito señor obispo commo dito he. Et para lavrar e parar ben e para |e para| vos pagar os ditos foros e dereituras segundo sobre dito he obligo todos meus beens gaanados e por gaañar. Posto foy e outorgado ontre as ditas partes que qual quer dellas que contra esto passar e o non conprir e aguardar que peyte aa outra parte que o conprir e aguardar quiser por nome de pena çen moravedis da boa moeda, et a pena pagada ou non esta carta e afforamento e todo o que en ella he contyudo vala e fique firme para senpre. Feyta a carta en Ourense, dous dias de janeiro, era de mill e tresentos e noveenta e dous annos. Testemuyas que presentes foron Estevoon Peres reytor da igleia de San Viçente d’Enfesta et Affonso Anes reytor da igleia de Santiago d’Alvarellos, Ricon e Jurdin escudeiros do dito señor obispo.

Et eu Ruy Fernandes notario publico da çidade d’Ourense pollo bispo et polla igleia desse lugar que a esto presente foy e en myña presença o fige escrivir e meu synal y fige en testemuyo de verdade que tal he.

(sinal)