GMH/ÍNDICE A-Z

G-E1
1487, marzo, 21
Testamento (incompleto) do carniceiro Afonso de Vilaescusa, con relación de debedores e acredores, no que se fan diversas mandas e deixa por herdeiro universal dos demais bens o seu fillo, Vasco Pérez, aínda menor. (fols. 1-2v)
(...) que pesa un marco. E deveme Alvaro do Vale e Costança Fernandes miña sogra, do casamento que me mandou con miña moller, seys mill e oytoçentos pares de brancas. Deveme Roy Conde da Balançaa dose reales. Deveme Afonso Lourenço des reales. Deveme Gomes Yanes seys reales. Deveme Alvaro Viçoso çonqoenta mrs. de pescado. Deveme Martiño Lourenço dose mrs. de pescado. Deveme Joan Estebees trese mrs. de pescado. Deveme Roy Ponte de Bide dous reales. Devia Joan Grande çertos dños., mando que llos quiten. Deveme Gonçalvo de Godejaas meu cuñado o que el jurar que me debe. Deveme Gonçalvo Remon de Reça un real. Teemos çerta conta min e Diego Ares da nosa carniçaria, eu devo da dita conta para pagar a dita Aldonça do Castro çincoenta rs. e el ten resçebido da dita carniçaria o que esta escripto ontre min e el, e mays ten resçebido en outra parte oyto reales, e mays en outra parte un moyo de viño de Afonso Gil, e eu teño mays da dita conta sete reales e medio; mando que faga o dito Diego Ares conta de todo elo por seu juramento con meus conpridores do que se deve enna dita aldea e do que el e eu teemos resçebido e pagen a quen debemos e o mays se parta. Teño (da moller)* de Garçia Rodrigues de Carracoos des e seys (fol. 1)
fanegas de pan e el ten de min resçebido veynte e nove reales de prata e sua moller en outra parte lle dey trese reales menos un quartillo, e para lle pagar todo deveme Ares Çacarron do dito pan seys reales de prata e deve Joan de Vilaescusa o moço dous rs. e deve Gonçalvo de Godejaas dous reales; mando que os aja todos e lle pagen o que ela diser o preçio que lle poser. Iten devo a meu padre Rodrigo de Vilaescusa huna taça de un marco e medio; para yr este camiño mando que lla pagen porlo meu. Iten mando que se se miña moller Elvira Vasques non casar nin amigar que teña todos meus beens ata que meu fillo Vasco Peres seja de ydade, e que o crii, e se se casar ou amigar que lle dean todo o seu e ho mays que quede para meu fillo. Iten deyxo por meus conpridores desta miña manda e testamento a meu padre Rodrigo de Vilaescusa e a meu primo Joan Estebees para que o cunpran porlo meu e sen seu danno, e mando a cada un deles por seu traballo çent mrs. Iten alço, nomeo e declaro por meu universal herdeiro en todos outros meus beens mobles e rayzes que mandados non ajo a meu fillo Vasco Peres o moço e se se o dito meu fillo fynar sen semen, mando que dian a meu yrmao Gomes Migees a miña viña da Garrida que eu teño da iglesia da Trenidade de foro de (fol. 1v)
setyma e o lebanto por vos dela segundo que a eu teño. Mandolle mays huna cuba de dose moyos que se enna Balançaa e huna tynalla de dose moyos que se con ela. Iten mando que se venda a viña da Nabariça o meu quiñon e se dea por miña anima e de aqueles a que soon obligado, e esto todo se entenda se se fynar o dito meu fillo sen seme. Mando que dean a meu criado Joan de Vilaescusa huna capa de morilla. Mando outra capa de morilla a meu criado Pero de Freas, e que todos los outros meus beens se vendan e dian por miña anima e de aqueles a quen soon obligado, e cunprido primeiro meu testamento e esto que ajo mandado. Mando que dian a miña cuba de sete moyos que esta en Vilaescusa ao dito meu criado Pero de Freas e aparto dos outros meus parentes e parentas en çinco soldos e que a mays de meus beens non se tendan quanto por rason de herença e revoco todas outras quaes quer mandas ou testamentos que aja feytas e outorgadas fasta este presente dia, que quero que non vallan nen fagan fe en juiso nin fora del, salvo esta que ao presente faço e outorgo por ante Joan Garçia notario da çibdade d’Ourense, que quero que valla como miña manda ultyma e postromeira vontade e couto esta dita miña manda en des mill mrs. pan style="font-style: italic;">(fol. 2) pan>
que page de penna quen quer que contra ela for ou pasar, asy da miña parte como da estraña, e a dita penna pagada ou non esta carta de testamento e as cousas en ela contiudas fiquen fyrmes e vallan para senpre. Que foy feita e outorgada enna çibdad d’Ourense a veynte e un dias do mes de março, anno del señor de mill e quatroçentos e oytenta e sete annos. Tests. que a elo foron presentes chamados e rogados por parte do dito Afonso de Vilaescusa, Lopo Gonçalves barbeiro /vesiño d’Ourense\ Gonçalvo Gomes notario e Pero Rodriges e Gonçalvo Nunes escrivanos criados de min notario.
(sinatura) Juan Garçia notario.
(mando que sy viir Joan Estebees meu conpridor)*
Devo a Lionor de Castro sete rs. e medio, e os quatro deles son da conpa
ñia da carniçaria. Devo a miña tia Aldonça do Casar huun florin douro. Devo a
Costança Goterres o que ela jurar en sua conçiençia. Devo a Martiño Viscayño çento e seys mrs. vellos, e el deveme da carniçaria o que se achar por conta por sua verdade del, e rogo a Joan Esteves e Diego Ares que tomen en conta sobre min e meus beens os ditos çento e seys mrs. e el page o al que se achar que deve da carniçaria e que non seja por elo mal levado. pan style="font-style: italic;">(fol. 2v) pan>