GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

471
1394, xaneiro, 3
requirimento

Os vigairos do bispo don Pedro requiren a Diego Pérez Sarmento, adiantado de Galicia, que garde e faga gardar os privilexios e liberdades da igrexa de Ourense.

ACOu, Escrituras VII, 31

(ed. M. Castro / M. Martínez Sueiro, Colección de Documentos del Archivo de la Catedral de Orense, I, 365-367)

Anno do naçemento de nosso señor Jhesu Cristo de mill et treçentos et noventa et quatro annos, indicion iiª pontificatus sanctissimi in Cristo patris et domini mei dominum divina providentia pape vii anno xviº. Sabean todos que dia sabado, tres dias do mes de janeiro, estando ennas camaras dos paaços do onrrado padre señor dom Pero porla gra de deus et da santa igleia de Roma obispo d’Ourense et en presença de min notario et tests. adeante escriptas, enton estando y presentes Alvaro Dias archidiacono de Aveancos et Arres Fernandes chantre d’Ourense, vigarios geeraes enno tenporal et spiritual do dito señor obispo d’Ourense ante Diego Peres Sarmento endientado mayor por nosso señor el rey en Galisia. Enton os ditos vigarios presentaron ante o dito endientado et por min notario feseron leer huna çedula escripta en papel de huun cabo e de outro, da qual o thenor de verbo a verbo atal he: Endeantado, señor estas som as petiçoens que nos o archidiacono et chantre vos pidimos: Primeiramente que gardedes a esta eigleia todos os privilegios et cartas et sentenças et liberdades e usus et custumes que ella oubo et ha ou deve daver asy dos reys que foron ata aqui commo dos santos padres que ata aqui foron enna \santa/ igleia de Roma segundo que mellor e mays conpridamente foron gardados dos endientados que foron ata aqui. Iten que vos nen outro por vos non façades justiçia en esta çidade nen ennos coutos do obispo nen usedes vos nen outro por vos da jurdiçon real enna dita çidade nen coutos do obispo salvo seendo as justiças que nos posermos enna dita çidade et coutos negligentes et viindo a vos por apelaçom. Iten por quanto vos sodes nenbro e braço segrar de nosso señor el rey et representades a sua persona que defendades e empararedes aos visinos et moradores desta dita çidade e coutos desta dita igleia de quaes quer persoas que lles torto ou sem razom fezeren ou quiseren fazer seendo vos querellado ou denunçiado por lo bispo ou por seu vigario ou vigarios. Iten que defendades et emparedes ao dito señor bispo et a sua egleia o vigario ou vigarios que por \el/ ora som ou foren daqui endeante para cobrar et aver todos serviços et rendas et dereitos et pididos dos coutos e terra seus et da sua egleia et que os defendades de quaes quer pesoas que lles em esto poseren enbargo. Iten que mandedes a todos os vossos ou que por vos ouverem de fazer que defendaes e ajudees ao dito señor obispo et aos seus vigarios contra qual quer ou quaes quer persoas que lles tomaren ou forçaren seus dereitos et jurdiçon que am et deven daver enna dita çidade et terra et coutos da dita egleia. Iten que seguredes da parte del rey et da vosa a nos os ditos vigarios et a nossos ommes et servidores et a todos os moradores da dita çidade et coutos da dita igleia et que defendades da parte do dito señor rey et vosa a qual quer ou quaes quer persoas de qual quer condiçon e estado que seia que non façan a nos nen a nossos ommes et servidores nen aos moradores da dita çidade et coutos da dita egleia torto nen força nen sem rasom em suas persoas nen em seus beens et reçebades nos \e/ elles em garda et \en/ comenda do dito señor rey et vossa. Et que se algun ou alguns dapno ou sem rasom feseren a nos ou a nossos ommes ou aos moradores et pobradores da dita çidade et coutos contra o dito vosso seguro que nos mandedes et dedes liçençia et autoridade da parte do dito señor rey e vosa que nos defendamos contra as taes persoas que o dito seguro quebrantaren ou que se sobre ello morte ou feridas ou outro dampno for recleçido que a culpa seia toda de aquelles que o dito seguro quebrantaren et que nos nen nossos ommes non seiamos a ello tiudos, de mays que vos seiades tiudo de tornar a ello et de proçeder contra ataes persoas a todas as penas corporaaes et pecuniaes que os dereitos mandam, et seendovos denunçiado ou querelado. Iten que se alguns foron revelles et non querem pagar os dereitos et subssydios do dito señor obispo, que seendo vos ou ho endeantado que por vos andar requerido por nos ou por cada huun de nos que nos ajudedes et mandedes aos vossos que nos ajuden a cobrar e aver os ditos dereitos e sussidios. Iten que todas estas cousas mandedes teer et gardar ao endeantado que por vos andar yndo vos para outra parte. A qual çedula presentada et liuda os ditos vigarios pidiron ao dito Diego Peres endeantado que lles conprisse e agardasse et fesese conprir e agardar todas estas sobre ditas cousas et cada huna dellas en ella contiudas. Et logo o dito Diego Peres Sarmento endientado vistas e antel presentadas estas cousas sobre ditas et cada huna dellas, diso que as mandava e mandou todas conprir et agardar en todo segundo se mellor et mays conpridamente en ellas declarava. Et outrosy mandava et mandou usar dellas segundo mellor e mays conpridamente usaran ata aqui et segundo que se contiina ennos privilegios que antel presentaran os ditos vigarios. Et logo en esta ora Johan Sanches de Marquina escudeiro do dito endientado disso que por quanto algunas coussas destas sobre ditas tangian a el ou poderian tanger que lle desse o traslado da dita çedula para poder gardarse delas. Et desto todo commo passou os ditos vigarios pidiron testemonio signado para garda de seu dereito. Esto foy enno dito lugar, anno et mes, dia, indicion, pontificado sobre ditos. Tests. que presentes foron Lopo Gomes de Lira, Johan Sanches de Marquina, Pero Ruiz de Souto, Gonçalvo Lopes de Goyaans, Diego Guterres de Fremosa escudeiros, Roy Vasques de Lugo alcalde del rey, Diego Fernandes et Pero Fernandes coengos d’Ourense e outros.

Et eu Lourenço Martines coongo enna egleia d’Ourense, notario publico porla auctoridade apostolical a esto que sobre dito he con as sobre ditas tests. presente foy et esta carta en miña presença fiz scripvir a pedimento dos ditos vigarios e por mandado do señor endeantado, et aqui meu nome scripvi e meu signo acostumado puge en testemoyo de verdade rogado et requerido, da qual carta outra tal fiqua en meu registo. Non enpeesca enna nona regla adiçion que diz ‘santa’ e enna xv regla on de he adiçion ‘el’, que eu notario as aprovo e non viçio mays error.

(sinal)