GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

561
1350, setembro, 13. Lugo
O bispo e o Cabido de Lugo outórganlles a Vasco Fernández e á súa muller e a unha voz as herdades e rendas de Santalla de Bóveda, e reciben a cambio o pazo e propiedades de Vilar, na devandita freguesía, cuxo usufruto reserva o beneficiario para si e a voz.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 48v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la gracia de Deus et da Santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, et conffessor do moyto alto et moy noble sennor rey don Pedro, con outorgamento de don Diego Ferrnandes, dayan, et do cabidoo da nossa iglesia, enprasamos et damos a vos, Vaasco Ferrnandes de Mera, et a vossa muller Costança Meendes et a huna pessoa pus vos, todas quantas herdades et rendas nos avemos enna iglesia de Santa Alla de Boveda et en toda essa dita friigregia con todos seus jures, segundo que ellas perteesçen et perteesçer deven a nos, tirando ende o yantar et o padroadigo dessa dita iglesia que fica en nos.

Et nos, os ditos Vaasco Ferrnandes et Costança Meendes, damos logo a vos, o dito sennor obispo, et a vosos susçesores por iur de herdade para senpre, o nosso paaço de Villar que foy do mestrescolla, don Vaasco Peres, con as outras cassas todas et herdades, a montes et a fontes, per ut quer que vaam, que o dito mestrescolla avia enno dito lugar de Villar, et con todas las outras herdades que nos et a dita pessoa pus nos agora avemos et ouvermos et comprarmos et gaanarmos en qual maneyra quer enno dito lugar de Villar, et en toda a frigregia da dita iglesia de Santa Alla, por tal condiçon que nos, os ditos Vaasco Ferrnandes et Costança Meendes et a dita pessoa, tenamos en toda nosa vida o dito paaço et cassas et herdades con as outras ditas herdades et rendas que nos vos, o dito sennor obispo, dades; et a morte nosa et da dita pesoa que estas ditas cassas et paaço et outros herdamentos fiquen libres et quitos et desenbargados a vos, o dito sennor obispo, et a vosos susçesores con o dito paaço et cassas feytas et endereçadas et con todos los outros boos paramentos que y foren feytos, et con todas las outras herdades et rendas sobreditas que vos nos dades.

Et por que esto seia çerto nos, o dito sennor obispo, et Vaasco Ferrnandes et Costança Meendes mandamos et rogamos a Jacome Guillelmes, notario publico de Lugo, que fesese ende duas cartas partidas por a.b.c. en hun tenor, et possesse en elas seu signal, et por mayor firmidue nos, o dito sennor obispo, mandamos-las seellar estas cartas con noso seello et con seello do dito cabidoo colgados.

Que foron feytas en Lugo, trese dias de setembro, era de mill et CCC et oyteenta et oyto annos.

Testemoyas: don Ruy Ferrnandes, arçidiago de Neyra; Lopo Lopes d’Aguiar; Garsia Peres das Ribeyras; Ruy Dias de Teyxeyro et Martin Ruibal d’Outeyro et outros.

Et eu Jacome Guillelmes, notario publido del rey en Lugo, a esto presente foy et a rogo do dito sennor obispo et cabidoo esta carta escrivi et puge y meu signal.