GMH/ÍNDICE A-Z

E2-17
1435, maio, 11
Fernando González del Castillo, corrixidor, que anteriormente ordenara poñer en fidelidade o cobro do portádego da Ponte, tamén chamado do Castelo de Alva, vista a necesidade económica que ten como tenente do dito castelo, ordena agora que o Concello proceda ao cobro do portádego. (fol. 9)

Portageen do castelo d’Alva.

Anno sobre dito, (domingo)* dia lues, onse dias do mes de mayo, en Ourense, ennos paaços que foron do duque don Fadarique, estando y presentes Fernando Gonçalves del Castilo, guarda del rey nostro señor, et Pero Fernandes e Afonso Anriques juises d’Ourense, logo o dito Fernando Gonçalves correjedor diso que por rason que por seu mandado del, Pero Rodrigues alcallde lles mandara que posesen en sacrestaçon et en fieldade o portalgo do castelo d’Alva, et por quanto elles ontre anbos a dous o collyan en fieldade, por ende o dito correjedor diso que por que el tina o dito castelo d’Alva et era neçesario o que tevese o dito castelo de aver mantemento para el, por ende que mandava aos ditos juises que collesen o dito portalgo en fieldade et o que rendese que o tevesen en sy et o non desen nen recudisen con el a persona nenhuna salvo a quen el mandase, nen fesesen dos mrs. do dito portalgo pagua nenhuna a persona nehuna salvo a quen el mandase, e por cartas que visen del rey nen doutra persona que non desenbargasen e nen desen o dito portalgo, salvo se visen sua carta de desenbargo, et os ditos juises asy o reçeberon. Tests. Pero Rodrigues alcallde et Gonçalvo de Torres et Fernando Gonçalves notario do dito correjedor.