GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

185
1329, novembro, 16 (San Pedro de Rocas)
venda

Aldonza Rodríguez de Sabadelle véndelle ao seu fillo Lopo Rodríguez o que lle pertence nunha cortiña de Sabadelle por 300 mrs. de moeda portuguesa.

ACOu, Escrituras XVII, 18

Enno nome de deus amen. Sabeam quantos esta carta virem que eu Aldonça Rodriguez de Sabadelle moller de Rodrigo Ares cavaleiro que foy de Sabadelle por min e por toda mina voz vendo e entrego por esta carta a vos Lopo Rodriguez meu fillo todo o quinom, voz e dereito que eu aio na cortyna de Sabadelle que esta ontrela casa que foy de Rodrigo Ares voso padre et a cortina de Pero Eanes de Cas d’Alvyto. Et parte pela cortina de Roy Perez voso yrmaoo da huna parte et da outra pela congostra por que vam aa fonte. Que vos e toda vosa voz para senpre aidades e pesuyades a dita cortina com todas suas entradas e seidas e con todos seus dereitos e perteenças de dezemo a deus e livre e quite de todo outro enbargo. Ca outorgo que reçebi de vos por esto todo o preço que a min e a vos aprouvo, convem a saber trezentos mor. da moeda portuguesa que agora corre de que contan xvi par de dineiros novos por tres mor. Et outorgo anparar vos e toda vosa voz senpre a dereito com esta vendiçom por min e por todos meus beens gaañados e por gaañar. Et quem quer que contra esta carta e vendiçon veer aia a yra de deus e a mina maldiçom e peite a vos e a vosa voz quanto demandar dobrado e a voz del rey peyte por pena çem mor. da boa moeda, et esta carta valla e seia firme para senpre. Feyta a carta no moesteiro de Sam Pero de Rocas, xvi dias de novenbro, era de mill e ccclxviiº annos. Tests. Johan Fernandes de Val d’Oseira, Lourenço Domingues home de dom Johan Eanes prior do dicto moesteiro e Afonso Gomez ome do dicto prior.

Et eu Afonso Eanes notario publico en terra de Aguiar por nosso señor ho arçibispo e pola igleia de Santiago que a esto presente foy e en mina presença ho fige escrivir e meu signal y puge en testemoyo de verdade.

(sinal)

[reverso] Carta de Sabadelle de Lopo Rodrigues.