GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

334
1356, abril, 2
foro

Os clérigos do coro engaden un soar e un pardiñeiro onde hai pedra ao aforamento feito con anterioridade a Roi Pérez, mercador, dunha casa e lagar na Porta do Outeiro, que foran do cóengo Xoán Xiráldez.

ACOu, Clérigos do Coro, 19

Sabeam quantos esta carta virem que nos Gonçalvo Peres dobreyro da igleia d’Ourense, Johan Martines reytor da igleia de Santa Crus da Raveenda procuradores da anoversidade dos clerigos do coro por mandado e outoridade dos ditos clerigos do coro enademos ao aforamento que vos a vos Roy Peres mercador morador en Ourense na |na| rua da Correaria e a vosa moller Tereyia Peres e a toda vosa vos para senpre fezeron os ditos clerigos do coro de huna casa con seu lagar que esta a sobre a porta do Outeiro, a qual casa e lagar foy de Johan Giraldes coengo d’Ourense que foy e huun soar con seu paredeeyro que está a par da dita casa e lagar, o qual soar con seu pardee[y]ro vos enademos aa dita casa en que está o dito lagar con todas suas entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteenças por nos e em nome dos ditos clerigos do coro, por rasom que a pedra que see no dito paredeeyro se a tirasen a outra parte a dita casa e lagar se perderia e despareçeria, por elo et por esta rasom nel enademos e outorgamos a vos os ditos Roi Peres e Tereyia Peres e a toda vosa vos para senpre o dito soar de casa con seu paredeeyro segundo dito he, et obrigamos os beens da dita anoversidade dos ditos clerigos do coro para anparar e defender vos e toda vosa vos para senpre a dereito con o dito soar de casa e paredeeyro que vos enademos aquesta dita casa e lagar que de nos teendes aforada. Et renunçiamos que nonca por nos nen por outre contra esto que sobre dito he veñamos (...) contrario en nenguna maneira, et se o disermos outorgamos que nos non valla nen sejamos sobre elo oydos en juiso nen fora del, et demays que vos peytemos por nome de pena viinte mor. e a vos del rey outros tantos e a dita pena pagada ou non esta carta e o que en ela he contiudo fique firme e valla por senpre. Feita a carta en Ourense, dous dias dabril, era de mill e trese[n]tos e noveenta e quatro annos. Tests. que a esto foron presentes Estevo Peres boffon e Johan Fernandes morador na Correaria e Gonçalvo Peres omme de Gonçalvo Viviaans criado e Afonso Anes escrivaan. moradores en Ourense.

Et eu Pero Fernandes notario publico da çidade d’Ourense porla igleia desse lugar que a esto presente foy e en myña presença o fiz escripvyr he meu nome e signal y fige que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta da casa do Outeyro.