GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

91
1312, agosto, 7
avinza

O cabido desembarga ao cabaleiro Aras Páez os herdamentos que este prometera deixarlle trás a súa morte e outórgalle os froitos dunha coenxía, a cambio da propiedade dos citados herdamentos, que o dito Aras Páez lles concede.



ACOu, Escrituras V, 5

Eno nome de deus amen. Sabean quantos esta carta viren que en presença de min Affonso Rodriguez publico notario da çidade d’Ourense por meu señor obispo e pola ygleia desse lugar e das tests. adeante escriptas para \esto/ espeçialmente chamadas e rogadas, don Gonçalvo Nunes dean e o cabidoo da ygleia d’Ourense aiuntados por tangimento de canpaa assi commo e custume ena costra nova u acustumaron de fazer o cabidoo, sobre contenda que era entre o dean e cabidoo sobreditos da huna parte e Aras Paez cavaleyro d’Alvan da outra, sobre razon dun enprazamento que os ditos dean e cabidoo fezeran con o dito Aras Paez de todolos herdamentos que esse Aras Paez avya, que devyan ficar ao dito cabidoo aa morte do dito Aras Paez, et que esse cabidoo desse ao dito Aras Paez por ende os fruytos duna coenzia de todalas cousas que a ela perteençessen commo a hun coengo presente, e outras cousas segundo se contiiña ena carta de enprazamento. Estas partes presentes non constreniudas nen por engano enduzidas, mays de seu prazer e de sua propria voontade por se gardaren de custas e de traballos veeron a atal avinça e tal conposiçon. Conven a saber que os ditos dean e cabidoo quitaron e desenbargaron e livraron logo para por senpre ao dito Aras Paez todolos herdamentos que o dito Aras Paez devia aleyxar a esse cabidoo a tenpo de sua morte, que faça deles ena vida e ena morte o dito Aras Paez livremente toda sua voentade, salvo o casar que chaman de Barrela, que e ena friiguisia de Santiago de Tougues, que o dito Aras Paez deu e outorgou logo aos ditos dean e cabidoo con todas suas dereyturas e perteenças, por razon que os ditos dean e cabidoo lle desfezessen o dito enprazamento e por huna qontia de mor. que o dito Aras Paez ouvo do dito cabidoo por razon do enprazamento sobredito. Et o dito Aras Paez deu logo aos ditos dean e cabidoo a propriedade, señorio e possisson que avya eno dito casar e tirou sy da possisson del e meteo y eles e deulles conprido poder que por sy ou por seu procurador por sua propria autoridade possan entrar corporalmente a possisson deste casar. Et prometeo por todos seus beens de os anparar e deffender con este casar e de llelo fazer senpre de paz a todo tenpo. Et o dean e cabidoo sobreditos renunçiaron a toda demanda e a toda auçon que avyan ou poderian aver contra o dito Aras Paez ou contra sua voz sobre razon do dito enprazamento e herdamentos sobreditos ou doutra cousa se a o dito Aras Paez deles levou por esta razon. Et outrossi o dito Aras Paez por si e por toda sua voz renunçiou a toda demanda e a toda auçon que el avya ou poderia aver contra os ditos dean e cabidoo sobre razon deste enprazamento e das outras cousas que se na carta do enprazamento sobredito contiiñan, que esses dean e cabidoo + e Aras Paez prometeron por si e por toda sua voz de teer e guardar todas estas cousas e cada huna delas que se en esta carta conteñen, et a parte que contra esto quiser viir en juyzo ou fora de juyzo peyte aa outra parte de pena mill mor. da boa moeda ante que seia oydo en juyzo nen fora de iuyzo, et esta carta firme fique a todo tenpo. Et que esto seia çerto e non veña en dulta os ditos dean e cabidoo e Aras Paez mandaron a min sobredito notario que lles fezesse ende señas cartas partidas por a.b.c. e que desse ende huna ao cabidoo e a outra a Aras Paez. Feyta a carta en Ourense eno sobredito lugar, vii dias dagosto, era de mill e ccc lª anos. Tests. que a esto chamadas e rogadas presentes foron Fernan Perez raçoeyro da ygleia d’Ourense e moordomo desse cabidoo, Aras Eanes avogado clerigo desse coro, Johan Martinez dito Viola çidadao d’Ourense, Gregorio Beytes e Affonso Eanes notarios dessa çidade.

Et eu Affonso Rodriguez sobredito notario que chamado e rogado a esto presente fuy e a rogo e a pidimento dos ditos dean e cabidoo e Aras Paez esta carta escrivi e meu sinal en ela puge.

+ avyan de fazer e conprir a esse Aras Paez et os ditos dean e cabidoo.

(sinal)