GMH/ÍNDICE A-Z

743
1375, agosto, 2. Lugo
Acta notarial pola que o bispo de Lugo, frei Pedro López, lles comunica aos veciños do couto de Sober o cambio de propiedades realizado no devandito couto entre el mesmo e a prioresa do convento de Santa María a Nova. Así mesmo, na acta dáse conta doutra permuta realizada entre o devandito bispo e o mosteiro de Celanova, pola cal este lle dá ao Bispado diversos bens en Terra de Lemos, O Saviñao e Sardiñeira, cuxos veciños pasan á xurisdición episcopal. (Inclúe documento de: 1369-IX-2, en Vilar de Ortelle, CD n.º 708).
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fols. 99v-100r.

Era de mill et quatroçentos et trese annos, dous dias de agosto.

Estando a iglesia de Santiago de Villar d’Oortelle et estando y iuntados Afonso Peres de Sober, et todos los outros omes moradores no dito couto, en presença de min Rodrigo Yanes, notario publico de Lugo et en todos los coutos et terra do bispo de Lugo et de sua iglesia, et das testemoyas adeante escriptas, o onrrado padre et sennor don frey Pedro Lopes da orden dos pregadores por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, mostrou et feso leer por min dito notario huna carta escripta en purgameo de coyro et signada con signal de Gonçalvo Peres, notario de Lugo, de permutaçon et concambea que o dito sennor obispo et dayan et cabidoo de sua iglesia feseran con a priora, dona Sancha, et donas de seu convento, da qual carta o tenor he este que se adeante sigue:

Segue a continuación o documento de permuta: 1369-XI-3, (CD n.º 708).

et liuda o dito sennor obispo mostrou et feso leer por min o dito notario a o dito Afonso Peres de Sober, et a todos los omes moradores no dito couto, huna carta feyta et escripta en pulgameo de coyro, et feyta et sygnada con signal de notario publico segundo por ella paresçia, enna qual se continna que o dito sennor obispo et dayan et cabidoo de sua iglesia feseran permutaçon et escambeo con Afonso Peres, esleyto confirmado que enton era, et o prior et convento do moesteyro de Çellanova porque o dito esleyto et seu convento deran a o dito sennor obispo et dayan et cabidoo de sua iglesia, todas las herdades et casas et bees et posisoes et dereyto et iurdiçoes et padroadigos et iur de apresentar et vinas et pesqueyras et moynos et rendas et dereyturas, que o dito moesteyro de Çellanova avia et lle perteesçia d’aver en toda terra de Lemos et de Savinao et de Sardineyra, en qual maneyra quer et por qual rason quer con todas suas dereyturas et pertenenças et foros quantos y avia. A qual carta o dito sennor obispo levou para guarda de seu dereyto, et diso o dito sennor obispo que commo quer que le enbiara reçeber por seus procuradores este dito couto et senorio del et tan ben as herdades et bees et iglesias et iglesiarios, que o dito mosteyro de Çellanova avia en Lemos et en Savinao et en Sardineyra, que aynda agora en presença delles que reçebia o dito couto et o senorio corporal del et d’aqui que reçebia todas las outras herdades et cousas quaesquer que a o dito couto perteesçen hu quer que as el ouvese et tan ben as herdades et iglesias et vinas et bees que o dito moesteyro de Çellanova avia en este dito couto et en Lemos et en Savinao et en Sardineyra.

Et o dito Afonso Peres de Sober et os outros omes moradores no dito couto, que estavan presentes, diseron que les prasia que o dito sennor obispo oubese o dito couto et senorio del et as ditas herdades et bees do dito moesteyro de Çellanova et levantaronse logo os goloos ficados et beycaron a mao a o dito senor obispo et reçeberono por sennor et tornaronse seus vasallos, et que d’aqui endeante que o tomavan por seu senor et farian o que le el mandase commo seus vasalos.

Et o dito sennor obispo asy reçebeu o dito couto et senorio del et herdades et bees que foron do dito mosteyro de Çellanova, et os ditos omes por seus vasalos, et poso logo por seu iuys enno dito couto Afonso Peres et por su terreoreyro et moordomo a Françisco da Milara, et por notario publico a Gonçalvo Martines, clerigo de Villar d’Oortelle, et deules poder que husasen dos ditos ofiçios ben et verdadeyramente, et os sobreditos iuys et moordomo et notario reçeberon os ditos ofiçios de que les o dito sennor obispo fasia merçee, et que os terian et husarian por el en quanto fosse sua merçee. Et desto en commo pasou o dito sennor obispo pediu a min o dito notario testemoyo.

Testemoyas que foron presentes: frey Afonso Yanes, companeyro do dito sennor obispo; Diego Garçia de Caldelas; Rodrigo Vasques, abogado; Vaasco Ferrnandes de Vilarmor; Afonso Rodrigues, camareyro; Rodrigo Yanes d’Aan, et outros.

Et eu Rodrigo Eanes, notario sobredito, que a esto que dito he con as ditas testemoyas presente fuy et esta carta en mina presença fis escrivir et puge aqui meu signal que tal he.