GMH/ÍNDICE A-Z

1050
1438, decembro, 2. Lugo

O mestrescola lucense, con poder do bispo, dá por válido o traspaso do foro do casal de San Martiño de Guillar realizado polo deán, don Xoán Martínez, a favor do seu sobriño Xoán Afonso.

MADRID, AHN, Carp. 1333 A/4, perg. orix., galego, cortesá, 346 x 385 mm; inclúe carta de poder: 1437-XI-22 (CD nº 1047); inclúe o foro outorgado no 1421-XI-21 (CD nº 984).



Sabean todos como eu Afonso de Vila Gomes, mestrescola et comendeyro de mi senor don Alvaro Osorio por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, Obispo de Lugo, et por poder sufiçiente que aio et teno do dito senor Obispo para o negoçio aiuso contiudo, do qual o tenor he este que se sigue:

segue a continuación a carta de poder: 1437-XI-22 (CD nº 1047).

eu o dito maestrescola visto ho foro feito por Juan Roys, bacheller, arçidiano de Grado en a iglesia de Ovedo, vigario et provisor general por lo senor don Fernando, Obispo que foy da dita iglesia et obispado, et firmado de seu nome et sellado do seello do dito senor Obispo et firmado de Alvaro Ferrnandes das Camoyras, notario, do qual o tenor he este que se sigue:

segue a continuación o foro outorgado no 1421-XI-21 (CD nº 984).

eu o dito maestrescola visto et exsaminado o dito foro en como o dito dean traspasou en sua vida o dito foro por si et por las ditas persoas et condiçoes en Juan Afonso de Lama, escudeyro, seu sobrino, segundo que se mays largamente conten en hun estromento signado do dito Alvaro Ferrnandes das Camoyras, notario, et enformado da verdade en como o dito Juan Afonso tirou et feso tirar as ditas herdades de monte et de campo et feso et reparou çertas casas nobas en o dito lugar et outras boas paranças, por ende por la presente confirmo et outorgo a o dito Juan Afonso o dito foro et traspasaçon por vigor do dito poder en nome do dito senor Obispo, segundo et en a maneira que se en eles conten et por lo tempo et persoas et condiçoes en el contiudas et asi llo aforo et outorgo, segundo que o ten et en el fui traspasado, et lle dou abtoridade et interpono decreto en nome do dito senor Obispo para que valla et faça fe, segundo que se en el conten.

Et eu, o dito Juan Alfonso, asi o reçebo et obligo min et meus bees et das ditas personas de o compliremos todo asi. Et porque seia çerto eu, o dito maestrescola, deyvos delo esta confirmaçon et foro firmado de meu nome et selado do sello do dito senor Obispo en pendente, et signado do notario iuso escripto.

Feito et outorgado en a çiudade de Lugo, dous dias do mes de desembre, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et trinta et oyto anos.

Testemoyas que foron presentes: Alvaro Ferrnandes de las Camueras, escrivano del Rey; et Benyto Sanches de Olmedo, mayordomo del dicho senor Obispo; et Alfonso Asturiano, criado del dicho maestrescola, para esto llamados et espeçialmente rogados.

Et yo Pedro Ferrnandes de Valladolid, secretario del dicho senor Obispo, fuy presente a todo lo sobredicho con los dichos testigos et por otorgamiento de amas las dichas partes escrivi et fis esta carta para el dicho Juan Alonso, et por ende fis aqui mio signo en testimonio de verdad.