GMH/ÍNDICE A-Z

1077
1448, marzo, 27. Lugo

O arcediago de Sarria, con poder do bispo, afóralles a Gonzalo Fernández e a dúas voces «un formal de casa» por renda anual de dez marabedís e outras obrigacións.

MADRID, AHN, Carp. 1333 A/21, perg. orix., galego, cortesá, 190 x 255 mm.

Sabeam quantos esta carta de foro viren como eu Gonçalvo Peres de Carvallido, arçidiano de Sarrea en a iglesia de Lugo, por poder que ey de meu senor don Garçia de Vaamonde por la graçia de Deus et da santa iglesia de Roma, Obispo de Lugo, para ho de iusso contiudo, veendo et entendendo que he proveyto do dito senor Obispo et meu en seu nome, dou aforo et avervo a vos Gonçalvo Fernandes, morador en Pontegaaos, et a outras duas perssonas depus de vos, huna qual nomear aquela que por vos for nomeada en sua vida ou a tenpo do seu finamento, et a outra qual nomear aquela que por vos for nomeada, et non sendo nomeadas que seia persona aquela que de dereito herdar vosos bees; conven a saber que vos aforo hun formal de casa, que esta a a çima da casa en que ora mora Pedro Sen fasta a porta do cortello que ora ten feyto o dito Pedro Sen que esta açerca do dito formal et casal, et con mays quanto vos, o dito Gonçalvo Fernandes, façades et possades faser huna ayra sen maliçia, segundo que vos ya marquey et divissey o dito tarreo para faser a dita ayra por ante vos, o dito Gonçalvo Fernandes, o qual dito formal et tarreo para faser a dita ayra vos aforo con todas suas entradas et saydas et agoas vertes et correntes et con suas paredes que estan en o dito formal; et avedes de dar de foro et pensson vos et as ditas personas a o dito senor Obispo, ou a aquel que o por el ouver de aver et recaudar, en cada hun ano des maravedis de longos por dia de San Martino de novenbro, segundo que se acustuman de pagar os outros foros do dito senor Obispo, et avedes de erger o dito formal et faser en el casa, ou casas, et teerlas cubertas et en boo paramento; et conplidas et acabadas vos et as duas perssonas avedes de leyxar a dita casa, ou casas, et ayra en boo paramento, libres et quitas et desenbargadas et con todos los boos paramentos que en elo foren feytos.

Et eu, o dito Gonçalvo Fernandes, que presente soo para min et para as ditas personas asy reçebo o dito foro et obligo a min et meus bees et das ditas personas que despoys de min subçederen en o dito foro de o atender et conplir et pagar todo asy segundo dito he. Et eu, o dito Gonçalvo Peres, en nome do dito senor Obispo asy vos lo outorgo et porque esto seia çerto mandeyvos delo dar dy huna carta de foro firmada de meu nome et seelada con o seelo do dito senor Obispo.

Que foy feita et outorgada en a çiudade de Lugo dentro en os paaçeos do dito senor Obispo, viinte et sete dias do mes de março, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et quareenta et oyto anos.

Testemoyas que foron presentes: Françisco Yanes Gago, notario de noso senor el rey; et Vaasco de Baçar et Ares Enrriques.

Et eu Afonso Yanes, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a todo que sobredito he con as ditas testemoyas presente foy, et esta carta de foro aqui escripvi et fis en ela meu nome et signo que tal he en testemoyo de verdade.

Afonso Yanes, notario.

Presentado ante mi senor don Afonso Enrriques, Obispo de Lugo, veynte et tres dias del mes de enero de mill et quatrosientos et setenta et oyto anos.