GMH/ÍNDICE A-Z

776
1378, febreiro, 6. Monforte
Xoán Fernández, clérigo, testamenteiro de Domingo Pérez, entrégalles ao bispo e á igrexa de Lugo os casais da Fonte e da Ponte, en Santiago de Ribas. O bispo dáos en usufruto baixo certas condicións.
MADRID, AHN, Carp. 1332 F/25, perg. orix., cart. part. por a.b.c., galego, gótica cursiva, 290x243 mm.

Carta partida A...B...C...D...

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Iohan Ferrnandes, clerigo, morador en Chorente, raçoeiro do moesteiro de Valverde, outorgo por esta presente carta que por rason que eu fiquey testeamentario et compridor do testamento de Domingo Peres de Ribas et por error en que cay et que me acaesçeu de non poder comprir o dito testamento, et por quanto vos don frey Pedro Lopes, obispo de Lugo, sodes tiudo de veer et comprir o dito testamento et os outros testamentos que non foren compridos en tempo devudo, que se feseren en voso obispado, por ende eu, o dito Iohan Ferrnandes, dou et demito en vos, o dito sennor obispo, et en vossa iglesia de santa Maria de Lugo, os casares que foron do dito Domingo Peres a que chaman o casar da Fonte et o casal da Ponte, con todas suas dereituras et herdades et pertenenças et iures et casas et arbores et formaes, a montes et a fontes, peru quer que vaan, sub signo de Santiago de Ribas, por tal pleito que vos, o dito sennor obispo, et vossa iglesia et vossos subçessores seiades tiudos de rogar a Deus por la alma do dito Domingo Peres et da minna. Et tiro logo a min, o dito Iohan Ferrnandes, do iur et possisson dos ditos casares et herdades et dou-hos et demitoos en vos, o dito sennor obispo, et enna dita vossa iglesia para senpre, et se eu ou outro por min d’aqui adeante delles usar connosco et outorgo que os uso por vos et en nome da dita vossa iglesia precario. Et nos, o dito sennor obispo, por nos et por la dita nosa iglesia asy reçebemos os ditos casares et herdades con suas pertenenças et dereituras, segundo que nos los dades, para nos et para a dita nossa iglesia, et demays por quanto vos, o dito Iohan Ferrnandes, sodes prove et non teedes por que vos manteer, et por vos fasermos ben et merçee damos-vos os ditos cassares que os tennades et usedes et posuyades en toda vossa vida et aiades et levedes as proes et rendas et novos delles et do quelles perteeçer, et que mandedes diser, en cada hun anno en quanto viverdes, seys missas por la alma do dito Domingo Peres. Et a finamento de vos, o dito Iohan Ferrnandes, que fiquen os ditos casares livres et quitos a a dita iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que en elles foren feitos.

Et eu, o dito Iohan Ferrnandes, assy outorgo a dita carta et reçebo de vos, o dito sennor obispo, a dita merçee et ben que me vos fasedes. Et quen de nos as partes saçar de non comprir esta carta que peyte a a parte que a comprir mill maravedis desta moneda que ora corre. Et porque esto seia çerto et non venna en dulta nos, o dito sennor obispo, et o dito Iohan Ferrnandes mandamos faser ende duas cartas entre nos feytas en hun tenor et partidas por A.B.C. en que rogamos et mandamos a Apariço Gonçalves, notario publico de Monforte por lo conde don Pedro, que as signasse de seu signo et de seu nome.

Que foron feytas en Monforte, seys dias de fevreiro, era de mill et quatroçentos et des et seys annos.

Testemoyas que presentes foron: Iohan Eanes, clerigo de Bardaos; et Françisco Arias, et Arias Gomes, et Lourenço Eanes, et Martin Afonso, moradores en Monforte.

Et eu Apariçio Gonçalves, notario sobredito, a todo presente foy et por mandado do dito sennor obispo et do dito Iohan Ferrnandes esta carta en minna presença fis escrivir et puge meu signo que tal he en testemoyo de verdade. (+).