GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

13
1294, agosto, 29
testamento

Testamento de Martín Fernández da rúa das Chousas, cidadán.

 

ACOu, Escrituras II, 37

(ed. M. B. Vaquero Díaz / F. J. Pérez Rodríguez, Colección documental del archivo de la Catedral de Ourense, II, 539-541, doc. 688)

 

In nomine domini amem. Eu Martin Fernandez da rua das Chousas çidadao d’Ourense (...) meu corpo pero con todo meu siso e con toda miña memoria conprida que depos mia morte non veña contenda so(bre...) faço e ordino testamento en aquesta maneyra: Primeyramente mando a mia alma a nostro señor e a santa Maria sua madre, et rogo aos frades meores de Ourense que me den o ábito ante de meu passamento e me soterrem sigo en sua casa. Et mando ao bispo de Ourense c mor. Iten ao cabidoo de Ourense c mor. Iten aa igleia da Triindade c mor. Iten aos clerigos do coro cc soldos. Iten aas nonas de Santa Clara de Allariz c soldos. Iten aa ponte de Ourense c soldos. Iten aa obra de San Martino c soldos. Iten a cada una das lanpaas da villa de Ourense e das egleias de enrredor que non an provisom iiiiº soldos para olio. Iten mando aa confraria de Santa Maria de Avento ii mor. Iten a confraria de Santa Maria a Madre do Candeeyro ii mor. Iten a confraria de San Françisco ii mor. Iten mando a todolos clerigos de missa que forem a mia soterraçon v soldos a cada uun. Iten aos malatos xx soldos. Iten mando o meu manto que iaz pola çisa a Maria Vaasquez filla de donna Ouffemea a freyra e xªc soldos para o alugueyro da casa. Iten mando aos frades meores de Ourense lªx mor. para pitanças e c mor. para vestir e lª mor. para a obra, e se me non soterrarem no ábito en sua casa non lles mando salvo c mor. Iten mando a Dominga Eanes lªx soldos ou una pelle cabertena. Iten a Johan Fernandez e a seu conpaneyro Fernan Domingez huna cuba de xviii moyos vazia, a qual ten Ruy Perez. Iten a Johan Domingez e a sua moller Antonia Perez huna cuba de x moyos vazia. Iten a Joham Domingez sobriño de Elvira Lopez huna cuba de iiiiº moyos vazia. Iten a Maria Perez lªx soldos. Iten a Johane meu sobriño una cuba vazia de viiii moyos. Iten mando a Marina Martinez miña sobrina a casa que fuy de Moor Iaca por tal condiçon que a teña en toda sua vida e pos sua morte que fique a Moor Martinez sua yrmaa ou a seus fillos. Iten mando a Domingo Eanes meu abbade lª soldos. (Iten) a Johan Eanes capelam da Triindade xx soldos. Iten aos outros clerigos da Triindade v soldos a cadauun. Iten mando a Ruy Perez a miña cuba grande e a tinalla mayor. Iten mando a Pero Martinez e a Johan Martinez meus sobriños a cuba nova e a dos xxv moyos e o meu quinom da vina do Porto Vello e das vinas de Seyxalvo. Iten mando a Johan Martinez meu sobriño estremadamente o meu quiñon da (casa) e do sobrado en que el mora. Iten a Pero Martinez meu sobriño estremadamente a casa da rua das Chousas que fuy de Johan (...) en que mora Aras Perez. Iten mando a Pero Muñiz c soldos. Iten mando a Johan Oarez c soldos e outros c soldos que lle devo. Iten a Johan Fernandez fillo de Ruy Perez da porta da Triindade a miña vina de Papom e c mor. para aiudeyro das custas da voda. Iten a Johan Piliteyro meu sobriño e meu criado o meu piteyro do castineyro que iaz no camino de Santa Mariña do Monte. Iten mando a Marina Martinez e a Moor Martinez mias sobriñas o meu quinom do erdamento que ey en Bouça de Ramiro e enna Morteyra. Iten mando a Maria Fernandez mia yrmaa huna pelle. Iten a seus fillos senos çerames segobiaos. Iten mando ao moesteyro de Osseyra o meu quinon do erdamento de Sendariz por mia alma e de meu padre e de mia madre. Iten mando a lanpaa de Santa Maria de Covas iiiiº soldos para lume. Iten mando que aquelles a que mando as vinas que non reçeban este novo presente dellas, ca llo non mando. Iten que tragan a canpaa por min por uun anno. Iten mando a frey Johan Garçia de Ourense lª mor. Iten ao guardian de Ourense cc soldos. Iten a frey Johan Fernandez procurador c soldos. Iten a Johan Perez de Codeyro cc soldos. Iten mando que me entreguen dos beens de Elvira Lopez de outra tanta erdade quanta ella leyxou a seus sobriños, conven a saber en Rigueyro de una leyra de viña que era mia quita, que canbey por outra que iaz na seara de Canpellos. Iten sabeam que o çeleyro e o sobrado que está aiuntado enna casa que fuy de Ruy Charles, que non conprey con Elvira Lopez del senon a quarta, e por ende se Fernan Martinez ou outre quisesse demandar ou entrar a meatade por razon de sua madre mando que lla non dian senon a meatade daquella quarta, ca non conprey mays con ella. Et faço herees e meus conpridores deste testamento Ruy Perez da porta de Santa Triindade e Pero Martinez e Johan Martinez meus sobrinos que o conpran por todos meus beens e sen seu danno ben e fielmente assy commo elles saben que é miña voontade. Et mando e quero que se Fernan Martinez meu fillo e de Elvira Lopez quiser correger en este meu testamento ou toller ou enader en parte ou en todo que o possa fazer e eu o aio por firme e por boon e o outorgo assy commo se eu meesmo o fezesse con mia mao ou mandasse fazer por fiel notario e por testemoyas, et se os frades meores dissessem ou demandassem en dereyto ou outro por elles que o dito poderio era outorgado a elles por razom que Fernan Martinez meu fillo fuy seu frade ou est, tollo tal poderio aos frades meores, ca eu non dou este poderio a meu fillo Fernan Martinez por razom de que el est frade ou fuy, mays por razon de que é meu fillo. Et por ende solamente dou e outorgo este poderio a sua pessoa e non a outre, pero que llo outorgasse o dereyto. Et se o dereyto fosse en contrario que contra miña voontade outorgase o dito poderio de correger e de enader e de toller en este meu testamento en parte ou en todo aos frades meores ou a outre en seu lugar, entonçe tollo o dito poderio a meu fillo Fernan Martinez et mando e outorgo todo o poder sobredito a Ruy Perez da porta da Triindade que bem e fielmente por este poderio seia conprida toda miña voontade assy commo el sabe que a min apraz. Iten mando aos frades preegadores de Riba de Avea cc soldos. Iten mando que me terçem segundo que é custume da çidade de Ourense. Et quero e mando que este seia meu testamento e miña postremeyra voontade e que valla por dereyto de testamento, e se valer non podesse commo testamento mando que valla commo codiçillo ou commo outra escritura pubrica qual quer por aquel dereyto que mellor valer poder e seer mays firme. Et por este testamento revogo todolos outros testamentos que avia feytos ante deste. Et quero que este valla e aia firmidume para senpre e non outro nenguun testamento que apparesca. Et quen contra este meu testamento veer en parte ou en todo aia a ira de deus e perca todalas cousas que lle foren mandadas en este testamento e aa voz del rey pague por pena c mor. da moeda nova, et a pena pagada ou non o testamento fique firme a todo tenpo. Regnante en Leon e en Castella rey don Sancho. Endeantado mayor del rey en Galliza don Pay Gomez. Bispo en Ourense don Pero Eanes. Feyto o testamento en Ourense, dous dias por andar do mes dagosto, en era de mill e ccc e triinta e dous annos. Testemoyas a esto chamadas e rogadas qui presentes Johan Aras, Fernan Perez, Pay Lopez, Martim Eanes omme de Johan Perez notario, Meem Vaasquez lavrador, Pero Muñiz espelleyro moradores na rua das Chousas.

Et eu Johan Perez notario da egleia de Roma e agora notario de Ourense a este testamento fuy presente e a rogo do dito Martim Fernandez o escrivi en forma publica e meu sinal puge.

[reverso]          Carta testamenti Martini Fernandi dicti Carpenteiro de vico Clausarum.

Materias

abade; aceite; adiantado; Advento; alcume; alimentos; árbore; arrendamento; bispo; cabido; camiño; campá; capela; casas; castiñeiro; catedral; celeiro; comida; confraría; convento; coro; crego; crego; criado; cumpridor; doente; dominico; dote; enxoval; esmola; esposa; esposo; fábrica; familia; filla; fillo; fisco; frade; franciscano; freira; gardián; gran; herdanza; herdeiro; igrexa; irmá; irmán; labrego; lámpada; leproso; manto; marabedí; mesa bispal; mesa capitular; monxa; mosteiro; muller; nai; notario; notario apostólico; olería; orde dos irmáns menores; orde dos predicadores; ornamentos; pai; párroco; pena; permuta; poder; ponte; rei; roupa; rúa; sepultura; sisa; sobriño; soldos; testamenteiro; tío; tributos; viña; voda; testamento

Persoas

Antonia Pérez; Dominga Eáns; Domingo Eáns, abade; dona Eufemi; Elvira López; Elvira López; Fernando Domínguez; Fernando Pérez; Maior Martínez; Maior Xaca; María Fernández; María Pérez; María Vázquez; Mariña Martínez; Martiño Eáns, home de Xoán Pérez; Men Vázquez, labrego; Paio Gómez Chariño, adiantado en Galicia; Paio López; Pedro Eáns de Novoa, bispo de Ourense; Pedro Martínez; Pedro Muniz, espelleiro; Roi Charles; Roi Pérez; Roi Pérez da Porta; Sancho IV, rei de León e Castela; Xoán; Xoán Ares; Xoán Domínguez; Xoán Eáns, capelán; Xoán Fernández; Xoán Fernández; Xoán Fernández, procurador; Xoán Martínez; Xoán Peliqueiro; Xoán Pérez de Cudeiro; Xoán Pérez, notario; Martiño Fernández, dito carpinteiro, da rúa das Chousas

Outros

Castela, reino; Galicia, reino; Ourense, cabido; Ponte de Ourense; San Domingos de Ribadavia, convento; San Francisco de Ourense, convento; Santa Clara de Allariz, convento; Ourense, bispado

Lugares

Allariz, Santa Clara, mosteiro; Bouza de Ramiro; Campelos; Castela, reino; Covas, Santa María; Cudeiro; Galicia; Monte, Santa Mariña; Oseira, Santa María a Real, mosteiro; Ourense; Papón; Portovello; Ribadavia; Rigueyro; Seixalbo; Sendariz