GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

301
1350, marzo, 11
foro

O cabido afóralles a perpetuidade a Gonzalo Pérez, dito de Cotelo, aparellador, e á súa muller, Tareixa Rodríguez, unha viña no Outeiro da Vela por terza, rebaixándose a renda de media que tiñan os anteriores foreiros, por razón da peste.

ACOu, Escrituras II, 10

Sabeam quantos esta carta viren que eu Pero Suarez deam da igleia d’Ourense e o cabidoo desse lugar seendo juntados per canpaan tanjuda enna costra nova de San Martiño hu he huso e costume de se juntar, nos os ditos deam e cabidoo damos a foro a vos Gonçalvo Perez dito de Cotelo apparellador morador en Ourense enno Canpo e a vossa moller Tereyia Rodrigues que non he presente e a todas vossas vozes para senpre huna leira de viña que iaz enno Outeiro da Vela, a qual iaz de huna das illargas a par duna viña de Orraca Anes filla de Fernand Ares da Praça çidadaao que foy d’Ourense et da outra illarga iaz a par doutra viña de Afonso Gonçalves alfageme que foy morador en Ourense a sobrela porta da Burgaa, et en fondo fere enna dita viña da dita Orraca Anes, et en çima entesta en outra leira de vina de vos o dito Gonçalvo Perez. Et a qual leira de viña vos conprastes de Martin Domingues de Parada çapateiro que foy morador en Ourense enna rua dos Çapateiros e de sua moller Maria Viviaez que foy, da qual leira a nos fazian foro de meo. Damos vos a foro a dita leira de viña a vos e a todas vossas vozes commo dito he, por tal condiçon que vos e todas vossas vozes que a lavredes e deitedes e ontrechantedes e enxertedes e paredes ben de todo lavor de guisa que non defalesca por mingoa de lavor e de boon paramento. Et dedes vos e a dita vossa moller e todas vossas vozes cada anno a nos o dito cabidoo per nosso moordomo, ao qual devedes a proveer de comer e de bever comunalmente en quanto estever convosco a coller a novydade da dita viña terça parte da novidade que deus y der, a conposta enna viña e o viño no lagar. Et este aforamento vos fazemos por razon da pestilençia, da mortaldade das jentes e a careza dos jornaes dos ommes e por tal que aiades mayor voontade de lavrardes e parardes ben. Et he posto que se queston recleçer ontre nos o dito cabidoo e vos o dito Gonçalvo Perez e a dita vossa moller e vossas vozes que se termii por dous ommes boons do dito cabidoo tomados a prazer das partes, toda appelaçon remota. Aynda he posto que se vos ou a dita vossa moller ou vossas vozes quiserdes vender ou deytar ou sopiñorar a dita leira de viña que primeiramente vendades ou deitedes ou sopiñoredes ao dito cabidoo e o frontedes con ela, et se a o dito cabidoo non quiser venduda ou deitada ou sopinorada ou obligada, enton vendede ou deitade ou sopinorade ou obligade non a cavaleiro nen a escudeiro nen a ome poderoso nen a moordomo alleo, mays a atal pessoa que seia semellavil de vos e que faça e page a nos o dito cabidoo o dito foro de terça en salvo commo dito he. Et nos os ditos deam e cabidoo obligamos os beens da nossa mesa para anparar vos e todas vosas vozes senpre a dereito con a dita leira de viña. Et eu o dito Gonçalvo Perez que soon presente por min e pola dita miña moller que non he presente e por todas miñas vozes assy reçebo a dita leira de vina aforada de vos o dito dean e cabidoo e prometo e outorgo de a lavrar e parar ben e pagar o dito foro de terça e conprir e aguardar todalas cousas e condiçoens que en esta carta son contiudas e para o assy conprir obligo todos meus beens gaanados e por gaañar. Et desto nos os ditos deam e cabidoo e eu o dito Gonçalvo Perez rogamos a Pero Lourenço notario publico d’Ourense que fezesse ende duas cartas partidas por a b c anbas en hun tenor. Feyta a carta en Ourense enno dito cabidoo, onze dias de março, era de mill e trezentos e oyteenta e oyto annos. Tests. que presentes foron Lourenço Fernandes dito Rosete morador en Ourense enna cruz dos Ferreiros, Johan Garçia porteiro do dito cabidoo e Fernan Anes ome do dito deam.

Et eu Pero Lourenço notario pubrico d’Ourense pola igleia desse lugar que a esto presente foy e desto (que sobre) dito he a rogo dos ditos dean e cabidoo e do dito Gonçalvo Perez en myña presença fiz escrivyr duas cartas partidas por a b c (anbas) en huun tenor e en cada huna delas meu nomme e signal puge que tal he.

(sinal)