GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

302
1350, maio, 14
foro

O cabido afóralles a unha voz a Domingo Dominguez, labrador, e á súa muller, Maior Pérez, unha casa na rúa Nova, por 5 libras.

ACOu, Escrituras XIII, 28

Sabeam quantos esta carta viren que eu Pero Suarez dayam da igleia d’Ourense e o cabidoo desse lugar, seendo ju[n]tados por canpaa tanjuda enna costra Nova de San Martiño hu he custume de nos juntar a fazer cabidoo, nos os ditos deam e cabidoo damos a foro a vos Domingo Domingues, lavrador morador enna rua Nova, e a vossa moller Maior Peres que non he presente, en vossa vida danbos e a huna voz qual nomear o postrimeiro de vos anbos en sua vida ou a tenpo de seu finamento, et se a non nomear que seia voz o que herdar os beens do postrimeiro, huna casa que nos avemos enna dita rua Nova con seu seido que lle perteençe. A qual casa e seido está juntada con outra casa de Lourenço Anes Perequiño que foy e ten as portas enna dita rua publica da rua Nova. Damos vos a foro a dita casa con entradas e seidas e con todos seus dereitos e perteenças por tal condiçon que a agisedes e reparedes e mantenades de todalas cousas que ouver mester, salvo se a dita casa caer per fondamento. Et pagedes fumaien acustumada se a a dita casa ha, e livre e quite de todo outro enbargo. Et vos e a dita vossa moller e a dita voz que dedes a nos o dito cabidoo de foro cada anno en salvo çinqo libras e çinqo soldos de brancos da moeda de nosso señor el rey don Afonso de que contan qoreenta par de diñeiros por tres libras, e pagardelas cada anno por dia de Santa Ouffemea commo he costume do cabidoo. Et he posto que se contenda recleçer entre nos o dito cabidoo e vos o dito Domingo Domingues e a dita vossa moller e a dita voz que se termii per dous ommes boons do dito cabidoo tomados a prazer das partes, toda appellaçon remota. Aynda he posto que se vos ou a dita vossa moller ou a dita voz quiserdes vender ou deytar ou sopinorar a dita casa que primeiramente frontedes a nos o dito cabidoo e nola dedes polo justo preço ante ca a outre, et se a nos non quisermos enton vendede ou deitade ou supinorade a atal pessoa que seia semellavil de vos et de que nos o dito cabidoo possamos aver o dito foro en paz asy commo de vos. Et nos o dito cabidoo obligamos os beens da nossa mesa para anparar vos e a dita vossa moller e a dita voz con a dita casa et seido a dereito enno dito tenpo. Et eu o dito Domingo Domingues que soon presente, por min e pola dita miña moller que non he presente e pola dita voz assy reçebo as ditas casas e seido aforadas de vos o dito cabidoo. Et prometo e outorgo de as agisar e reparar e manteer de todalas cousas que ouveren mester e pagar o dito foro e conprir e aguardar todalas cousas e condiçoens que en esta carta som contiudas, et para o assy conprir obligo todos meus beens moviles e reizes gaañados e por gaañar. Et desto nos os ditos deam e cabidoo e eu o dito Domingo Domingues rogamos a Pero Lourenço notario pubrico d’Ourense que fezesse ende duas cartas partidas por a b c anbas en hun tenor. Feita a carta en Ourense, catorze dias de mayo, era de mill et ccclxxxviiiº annos. Testemuyas que presentes foron Johan Garçia porteiro do dito cabidoo, Martin Fernandes alfayate, Gonçalvo Martines morador enna rua da Fonte do Bispo.

Et eu Pero Lourenço notario pubrico d’Ourense pola igleia desse lugar que a esto presente foy e desto que sobre dito he a rogo das ditas partes en miña presença fiz escrivyr duas cartas partidas por a.b.c. anbas en huun tenor e en cada huna delas meu nome e signal puge que tal he.

(sinal)