GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1085
1450, outubro, 7 mércores. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Lope Afonso e a catro voces medio terreo edificable na rúa lucense dos Ferreiros, freguesía de San Pedro, por renda anual de cinco marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, fs. 4 v.- 5 r.
   

Saban quantos esta carta viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo por son de canpana tangida, segundo avemos de uso et de costume, dentro en a dita iglesia açerca da porta por donde soben a os orgoos da dita iglesia, entendendo que fasemos noso proveyto et de nosos suçessores damos aforo et avervo a vos Lopo Afonso do Campo, mercador, vesino desta çiudade de Lugo, que sodes presente, et a outras quatro personas despoys de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento, et non sendo nomeada que seia persona do dito foro quen herdar vosos beens, ou a mayor parte delles, et a outra que seia aquella persona que for nomeada por aquella persona que por vos for nomeada ou herdar os ditos vosos beens, segundo dito he, et asi das outra personas suçessive ata que se cumplan et acaban as ditas quatro personas despoys de vos, a meetade de huna nosa praça de casa que he dos aniversarios da dita iglesia, et a outra meatade he do Moesteyro de Vilar de Donas, a qual he sita en esta dita çiudade de Lugo en a rua dos Ferreyros sub o sino da Capela de San Pedro, et ias en par cabo de outra praça de casa de vos, o dito Lopo Afonso, de huna das partes, et da outra ias en par cabo de outra praça de Roy Correeyro, morador en Ribadeu, et topa en a rua publica da dita çiudade, a qual vos aforamos con todas suas entradas et saydas et agoas vertes et con todas las outras cousas a ela perteesçentes deventes en qualquer maneyra et por qualquer rason, asi de dereyto como de feyto, segundo que ella perteesçe a os ditos aniversarios et a nos por elles, a tal pleyto et condiçon que vos, o dito Lopo Afonso, façades et levantedes casa con sobrado et balcoos en a dita praça ata tres anos primeyros seguentes, et a tenades et mantenades feyta et cuberta et en boo paramento vos et as ditas personas, que suçederen en o dito foro, et dedes della de foro, en cada hun ano, vos et as ditas personas que suçederen en o dito foro çinquo maravedis de moneda vella de longos a o rendeyro dos ditos aniversarios por nos o dito cabidoo por dia de San Martino de nobembre; et outrosi con condiçon que cada huna das ditas personas que suçederen en o dito foro despoys de vos seia tyuda et obligada de viir mostrar et insinuar a o dito cabidoo en como he foreyra et persoa do dito foro do dia que en el suçeder por foreyra et persona ata trinta dias primeyros seguentes, et se o asi non complir que por ese mesmo feyto perga o dito foro. Et a finamiento da postremeyra persona, que suçeder en o dito foro, que a casa que for feyta en a dita praça fique feyta, cuberta et ben reparada a nos, o dito cabidoo, et a nosos suçesores et libre et desenbargada con todos los boos paramentos que en ella foren feytos.

Et eu, o dito Lopo Afonso, que presente estou asi reçebo o dito foro da dita medea praça de vos, o dito cabidoo, por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a meus beens et das ditas personas de o compliremos et pagaremos et atenderemos en todo segundo et en a maneyra que se en esta carta conten.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos, et porque seia çerto outorgamos et mandamos dello faser duas cartas de foro anbas en hun thenor por lo notario iuso escripto huna para vos, o dito Lopo Afonso, et vosas personas et outra para nos, o dito cabidoo, et nosos suçesores, et por mayor firmesa mandamos seelar a carta de vos, o dito Lopo Afonso, con noso seello pendente.

Que foy feyta et outorgada en a dita çiudade en a dita iglesia et lugar, dia quarta feyra, sete dias do mes de outubre, ano do nasçimiento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquoenta anos.

Testemoyas que foron presentes: Afonso Martines, chantre; Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea; Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; Gomes Vasques, Juan Martines, Juan Ares et Diego Ferrnandes, coengos; Roy Lopes de Teyxeyro, et Pedro Martines, clerigos do coro da dita iglesia de Lugo.