GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

492
1346, outubro, 13. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo concédenlle a Catalina Pérez o forno da Cóenga, o muíño do xuíz e unha casa para vivenda, e sinalan como obriga facer o pan e entregalo cada dous días, segundo o peso fixado polo propio Cabido.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 38r.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos Diego Fernandes, dean, et o cabidoo da iglesia de Lugo da huna parte, et eu Cathalia Peres, filla d’Orraca Peres que fuy, da outra, fasemos entre nos tal pleito conven a saber que nos, dayan et cabidoo sobreditos, damos et outorgamos a vos, a dita Cathalina Peres, o forno da coenga et o moyno chamado do iuys, aquelo que nos y avemos, et avemos-vos a dar huna casa en que moredes, coven a saber a casa en que mora Iacome Eanes, dito Troxel, piliteiro, des que seyr o tempo que a el ten alugada, et entre tanto darvos o alugeiro dela et vos que busquedes en que moredes. Et avemos-vos a dar, cada anno, quareenta moravedis para touçinnos, et darvos cada hun amiistrador enno seu mes medea terça de bon çenteo, et dar-vos triigo escolleyto a a mao, que non seia podre nen nadiço nen furado, para o pan da coenga. Et vos, Chatalina (sic) Peres, avedes a faser bon pan et darlo cada dous dias fresco et bon cozudo, commo he custume de o dar, et faser viinte paes de cada teega de triigo, que aia viinte et quatro onças cruu et viinte et duas onças cozudo cada pan, et esto sen escusança dereita et subida. Et se o assy non feserdes, conven a saber, dando pan non tan boo, a mandado do dayan ou de seu vigario con outro ome boo do cabidoo, ou que non seia do peso sobredito, ou fresco commo sobredito he, que vos tornen o pan, et que dedes logo en outro dia pan de coenga cozido commo lles non mingue pan para o jantar. Et vos, a dita Cathalina Peres, devedes d’adubar o moyno et o forno et aparellar-los et dar-los reffeytos, commo vos los damos, et se caeren de reyz sen bossa culpa que o cabidoo seian tiudos de os faser.

Et eu, a dita Cathalia Peres, assi o reçebo commo sobredito he. Et nos, o dayam et cabidoo sobreditos et eu a dita Cathalina Peres, obligamos por todos nossos beens de conprir esto que sobredito he et non viir contra ello. Et que esto seia çerto nos as partes sobreditas rogamos a Fernan Garçia, notario publico de Lugo, que feçese desto duas cartas en hun tenor tal huna commo outra.

Que foron feytas en Lugo trese dias d’outubre era de mill et tresentos et oyteenta et quatro annos.

Testemoyas que foron presentes: don Diego Fernandes, dean; don Fernan de Deus, chantres; don Alvar Dias, archidiago de Neyra; don Aras Pellaes, archidiago de Deçon; Vasco Rodrigues, Fernan Affonso, Johan Dias, Johan Gomes, coengos; Johan Fernandes, Martin Peres, Lopo Domingues, raçoeyros; Jacome Yanes, Affonso Peres, clerigos do choro; Rodrigo Rodrigues, ome do archidiago de Deçon; Ruy Peres, porteiro do dito cabidoo, et outros muytos testemoyas.

Et eu Fernan Garçia, notario publico del rey en Lugo, a esto pressente fuy et a rogo das partes sobreditas esta carta en minna presença fiz scripvir et puge y meu nome et meu signal en testemoyo de verdade.