GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

197
1331, xuño, 10
acordos

Acordos do bispo Gonzalo de Nóvoa, o cabido e o Concello sobre os xantares do rei cando viñese á cidade.

ACOu, Privilexios IV, 13

(ed. M. Castro / M. Martínez Sueiro, Colección de Documentos del Archivo de la Catedral de Orense, I, 269-270)

Sabeam quantos esta carta virem que en presença de min Affonso Peres notario jurado enna çidade e bispado d’Ourense porllo bispo et ygleia desse lugar et das testemoyas adeante escriptas, seendo o cabidoo d’Ourense ajuntado por canpaan tanguda enno curral das cassas do bispo, seendo presente o onrrado padre et señor dom Gonçalvo porla graça de deus bispo d’Ourense et dom Vaasco Peres dayam et outros homes boons do cabidoo da dita ygleia, et outrosy seendo y o conçello da dita villa apregoado, seendo y presentes Johan Eanes juiz et Pero Peres de Çima de Villa procurador et outros homes boons do dito conçello, o dito señor obispo en nome de sy et do dito cabidoo disso que el nen o conçello da dita villa non avyam de dar jantar a nosso señor el rey, salvo viindo el por seu corpo aa villa d’Ourense. Et quando y veesse que el que lle avya de dar huun jantar por sy et porllo seu cabydoo et outro iantar porllo dito conçello. Et aquel dia que lle desse o iantar porllo dito conçello que o dito conçello que lle avyan a dar de cada cassa tres soldos et huna escudella segundo he husso et custume. Et outrosy disso que o dito conçello non eram tiudos de dar jantar a meyrino nen a endeantado nihuun, et agora novamente que o dito conçello pagavan jantar a el rey. Et outrossy que deran iantar a dom Pero Fernandes de Castro commo a endeantado. Et por esta razon o dito señor obispo disso et protestou que por esto que o dito conçello fasía non fosse en preiuyso del nen da dita sua ygleia nen do husso et custume en que estava sobre esta razon. Et outrosy disso et protestou que quando o dito señor el rey veesse aa dita villa d’Ourense et lle el desse o dito iantar porllo dito conçello delles demandar os ditos tres soldos et huna escudela de cada cassa et elles que seiam tiudos para llo dar segundo he husso et custume. Et desto o dito señor obispo pedíu a min notario sobredito huun publico estormento, et eu de meu offisio deyllo. Esto foy en Ourense enno lugar sobredito, dez dias de juyo, era de mill et treçentos et sasseenta et nove annos. Testemoyas que presentes foron dom Pero Paes arçidiago de Castella, dom Pero Guias thessoureyro, Rodrigo Rodrigues raçoeyro, Gonçalvo Eanes clerigo do coro da ygleia d’Ourense, Affonso Eanes da rua dos Çapateyros, Estevoo Fernandes cavalleiro, Johan Fernandes rector da ygleia de Sam Çibrao de Trioes, Alvaro Domingues porteiro, Gonçalvo Garçia, Gonçalvo do Valle escudeyros do dito señor obispo, Fernan Anes dito Gedella morador enna rua do Villar.

Et eu Affonso Peres notario sobre dito a esto presente foy et o escripvy et meu nome et meu synal y puge en testemoyo de verdade que atal he.

(sinal)