GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1066
1444, xullo, 8 mércores. Lugo

O cóengo Nuno González funda dous aniversarios dotándoos con trinta e dezaseis marabedís sobre as cortiñas de Guimareu e Estantigoa.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 3 r.
   

Ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et quarenta et quatro anos, dia quarta feyra oyto dias do mes de julio. En a çiudade de Lugo en o lugar chamado o Carril da Estantigoa, entre las cortinas et herdades de Guimareu et da Estantigoa, Nuno Gonçalves, canonigo da iglesia de Lugo, que presente estava, diso que daba et deu a posison dos dous aniversarios por el dotados et asignados a a dita yglesia de Lugo, un deles de treynta maravedis de moneda vella, et ho outro de des et seys maravedis da dita moeda, de dez dineyros cada moravedi, por las ditas suas cortinas de Guimareu et da Estantigoa et per cada huna delas, et Ruy Lopes de Teyxeyro, clerigo do coro da dita iglesia et procurador do dito cabidoo da dita iglesia de Lugo et en seu nome, para o desde oie este dia endiante o dito cabidoo et yglesia de Lugo tebesen a posison realmente et con efecto da penson et çenso dos ditos aniversarios para senpre jamays por las ditas herdades et cortinas et por cada huna delas. Et o dito Ruy Lopes de Teyxeyro en nome do dito cabidoo et yglesia de Lugo, cuio procurador era, asy resçebeu a dita posison.

Testigos que foron presentes: Afonso Yanes, escripvan, notario de Lugo; Gonçalvo de Fagilde, Afonso do Porto, Alvaro de Logilde, et Afonso de Castelo, peliteyros; et Ruy Gomes, coreeyro.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita çiudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con os ditos testigos presente foy et este instromento por outro fige escrivir seendo eu ocupado de outros negoçios, et aqui puge meu nome et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal. Rogado et requerido.

Petrus Alfonsi, canonicus, notarius.