GMH/ÍNDICE A-Z

164
1327, xuño, 2

reversión

O cabido recibe unhas casas na rúa da Obra por venderse sen o seu consentimento.

ACOu, Escrituras XVII, 78

Conuçuda cousa seia a todos que en presença de min Lourenço Peres publico notario jurado en Ourense polo bispo et pola igleia desse lugar, Affonso Viviaes et Affonso Lourenço coengos de Ourense estando na rua da Obra ante as casas que foron de dom Garçia Martines thesoureyro que foy de Ourense, as quaes o dito thesoureyro conprou de Johan Guiça clerigo do coro, disseron que ao dito cabidoo perveera agora novamente que Elvira Ares madre do dito tesoureyro vendera estas casas e outras possissoens et herdades que foron do dito tesoureyro. Et commo o cabidoo e a igleia de Ourense esté en possissom que todos aquelles casas ou herdamentos venderen na dita vila e en seus terminos que convidem ante o cabidoo da dita igleia d’Ourense se as quiser conprar que a conpre polo justo preço ante ca outre, que a dita Elvira Ares, non esguardando este dereito que o cabidoo e a igleia d’Ourense avia, que vendera as ditas casas e herdamentos que ao dito thesoureyro perteençian. Et por esta razon que elles en nomme do dito cabidoo reçebiam as ditas casas para o dito cabidoo. Et disseron que por estas reçebiam todallas outras herdades et possissoens que a dita Elvira Ares vendera que perteençiam ao dito thesoureyro. Et logo esta ora e por estas testimuyas Lopo Sanches notario d’Ourense que se dizia procurador do dito cabidoo pedío as chaves das ditas casas a Pero de Veyga mercador desse lugar, et o dito Pero de Veyga deullas et el pechou as portas et deu as chaves dellas a Gonçalvo Martines moordomo do dito cabidoo et disso que el reçebia aquellas casas para o dito cabidoo por dous mill e quinentos mor. de brancas que o dito thesoureyro devia ao dito cabidoo a tenpo de seu passamento de rendas que del tevera. Et disso que por estas casas reçebia as outras casas que estavan antellas en que morou o dito thesoureyro et todallas outras herdades que ao dito thesoureyro perteençian que eran obligadas ao dito cabidoo por estes mor. sobreditos. Et desto en commo passou os ditos Affonso Viviaes et Affonso Lourenço et Lopo Sanches pediron a min notario huun publico estormento. Et eu deylle ende este, que foy feyto en Ourense no lugar sobredito, dous dias de juyo, era de mill e ccclxva annos. Testimuyas que foron presentes Ruy Gomes raçoeyro d’Ourense, Pero da Freyra mercador, Johan Pas clerigo do coro, Pero Anes omme do dito Affonso Lourenço, Vidal Peres omme de Affonso Viviaez, Fernan Domingues clerigo natural de Palmés.

Et eu Lourenço Peres notario sobredito que a esto present[e] foy et a pedimento dos sobre ditos Affonso Viviaes, Affonso Lourenço e Lopo Sanches escripvi este estormento et puge en el meu signal en testimuyo de verdade.

(sinal)