GMH/ÍNDICE A-Z

196

1473, xuño, 17. Lugo.
Xóan Rodríguez (do Porto), cura de Loiba, declina en favor do Cabido da Catedral de Mondoñedo o dereito que puidera corresponderlle ó préstamo da devandita freguesía, recoñecendo que o mencionado Cabido tiña pleno dereito sobre o mesmo.
A, papel, con signo notarial, de 274 x 306 mm. Letra cortesá.

Enna çiudade de Lugo dentro enna iglesia cathedral de santa Maria da dita çiudade des et sete dias de juyo do anno do nasçemento de noso sennor / Jesucristo de mill et quatroçentos et setenta et tres annos estando ende personalmente constituydos da hua parte os honrrados Gomes Garçia / de Gayoso arçediano de Deçon enna dita iglesia de Lugo et juys do foro enna iglesia de Mondonnedo et Aluaro Galban canoigo eso mesmo da dita iglesia de Mon/donedo procuradores que se mostraron do cabildo da dita iglesia de Mondonedo et da outra Johan Rodrigues clerigo cureyro da iglesia parrochial de sant Johan / de Loyba da dita diocesis de Mondonedo en presençia de min notario et testigos de juso escriptos logo o dito Juan Rodrigues clerigo diso que por quanto entre el et os sennores / do dito cabildo de Mondonedo fora et avia seydo et de presente era pleito et contenda sobre las duas septimas partes sen cura da dita iglesia / de Loyba que el agora por se quitar do dito pletio et seendo çerto que aas ditas duas septimas partes do dito benefiçio de Loyba non lle conpetia /dereito algund por ende que el se demitia et demiteu delas agora et para senpre por quanto sabia que era çerto que pertenesçian aa ditya iglesia et / cabildo de Mondonnedo et que renunçiaba et renunçiou qualquer dereito que a elas teuese et jure et lite et cabsa et que fasia et feso juramento / a Deus et a este signal da crus + que corporalmente tangeu con sua maao dereita de nunca yr nin pasar por sy nin por outro nen outros / en ningun tenpo do mundo contra o sobredito nen se chamar mays clerigo das ditas duas septimas partes sen cura da dita iglesia de / sant Johan de Loyba ante que logo as leixaba libre et desenbargadamente aa dita iglesia et cabildo de Mondonedo et se o contrario fesese / ou tentase faser que lle non valuese nen fose sobrelo oydo nen reçebido en juyso nen fora del et fose infame et fe(?) perjuro et que do / dito juramento que asy fasia et avia feito que no pederia absoluçon nen relaxaçon nen vsaria dela posto que de moto proprio ou a sua petiçon / ou de outro lle fose dada. Et logo os ditos Gomes Garçia arçediano et juys et Aluaro Galban canoigo asimesmo diseron que poys o dito Juan Rodrigues / desistia da dita question pleito et debate çerca das ditas duas septimas partes sen cura de san Jolian de Loyba que eles consen/tian en elo et en nomme do dito cabildo et reçebian a renunçiaçion et demitiçion que çerca delo fasia et lle quitaban et quitaron os frut/tos et rentas que avia leuado fasta o presente et as custas que sobrelo fesara faser ao dito cabildo injustamente et se obli/gaban et obligaron de lle dar carta de pago de todo ello dos sennores do dito cabildo de Mondodnedo et que para elo obligaban et obligaron / os bees do dito cabildo et que elles esteuesen por todo elo. Et o dito Juan Rodrigues asy o reçebeu çerca do qual as ditas partes diseron que outor/gaban et outorgaron hun contracto dous ou mays os mays fortes et firmes que se podesen faser et notar con consello de letrados / sobre la dita rason et que renunçiaban et renunçiaron todas las leys et dereitos debinos et vmanos que en contrario do sobredito / podesen diser et alegar. Que foy feyto et pasou todo asi anno dia mes et lugar sobreditos. Testigos que foron presentes Pedro de Mera / canoigo et Juan Afonso de Castro Afonsin et Diego Fernandes de Cospeyto clerigos do coro da dita iglesia de Lugo et Roy Lopes do Canpo et Roy do Canpo / et Fernan Rodrigues de Saabedra notario et Fernan Mourelo et Juan de Sant Viçenço coyteleyro et Guillen Seleyro veçinos da dita çiudade de Lugo.
Et eu Johan Fernandes clerigo da diocesis de Lugo notario publico por las auctoridades apostolical et ordinaria a todo / o sobredito en vn con os ditos testigos presente fuy et este sobredito contracto segundo por ante / min pasou con mina maao propria escriui segundo que por las sobreditas partes foy outorgado / et aqui a pedimento dos ditos Gomes Garçia arçediano et juys et Aluaro Galban canoigo procuradores so/breditos meu nomme et signo acostumados puge en testemoyo de verdade que he atal / rogado et requerido. ( Signo; na parte inferior pódese ler: Johan Fernandi notarius apostolicus).

(Reverso):
Cesion que se hizo en fabor del Cauildo del derecho que pretendia a las dos setimas de Loiba.