GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

473
1394, febreiro, 28
sentenza

Sentenza dada por Ares Fernández, chantre e vigairo do bispo, no preito entre o cabido e Xoana González e o seu marido, Afonso Cabeza, sobre tres puzais de viño sobre unha viñas en Gomariz.

ACOu, Escrituras XVIII, 29

Sabean quantos esta carta de sentença viren commo perante Ares Fernandes chantre enna igleia d’Ourense et vigario geeral por lo onrrado padre e señor don Pero Dias doutor en decretos por la gra de deus et da santa igleia de Roma obispo d’Ourense et en presença de min Françisco Yanes notario publico da cidade d’Ourense por lo bispo e por la igleia desse lugar e das tests. que adeante son escriptas, pleito passou perante o dito vigario ontre Affonso Fernandes coego d’Ourense por nomme do cabidoo desse lugar cujo procurador disso que era da huna parte et da outra parte Johana Gonçalves e Affonso Cabeça seu marido moradores en Ourense, enno qual dito pleito o dito Affonso Fernandes coego demandou aos ditos Johana Gonçalves e Affonso Cabeça seu marido disendo que en commo posesen testaçon e enbargo en tres puçaas de viño de lagar que Gonçalvo Lourenço lavrador morador en Ourense enna rua do Canpo avia de dar de foro ao dito cabidoo por tres leyras de viña que jasen en termino d’Ourense hu chaman Gomaris, as quaes ditas tres leyras de viña disso que dera ao dito cabidoo Gonçalvo Anes coego que foy d’Ourense segundo que se conten en huna carta de contrauto escripto en pargamino de coyro e firmado do nome e sinal de Estevo Peres raçoeiro notario e chançeller da dita igleia d’Ourense segundo que por el pareçia que o dito Afonso Fernandes coego logo presentou ante o dito vigario. Enno qual dito contrauto se conten que o dito Gonçalvo Anes coego que deu as ditas tres leiras de viña ao dito cabidoo por que lle fesessen huun aniverssario por sua alma en cada huun anno para senpre en tal dia commo se el fignasse segundo que se mellor e mays conpridamente se conten enna dita carta de contrauto, a qual levou para garda do dito cabidoo. Et pediu ao dito vigario que por sua sentença mandase aos ditos Johana Gonçalves e Afonso Cabeça seu marido que lle leyxassen e desenbargassen os ditos tres puçaas de viño que assy enbargaran ao dito cabidoo en mao do dito Gonçalvo Lourenço lavrador que lle avia de dar de foro das ditas viñas, et outrossy pediu ao dito vigario que por essa meesma sentença mandasse aos ditos Johana Gonçalves e Afonso Cabeça seu marido que non demandassen nen enbargassen mays daqui endeante as ditas viñas nen as novidades delas. Et o dito vigario feso pregunta aos ditos Johana Gonçalves e Affonso Cabeça que respondian contra a dita demanda, et os ditos Johana Gonçalves e Affonso Cabeça diseron que era verdade que enbargaran os ditos tres puçaas de viño ao dito Gonçalvo Lourenço por quanto diseron que as ditas viñas que as mandara o dito Gonçalvo Anes coego aa dita Johana Gonçalves segundo que se contiña en huna crausula do testamento do dito Gonçalvo Anes escripta en pargamiño de coyro e firmada do nome e signal de Afonso Garçia notario d’Ourense segundo que por ela pareçia que logo presentaron ante o dito vigario, enna qual se conten que o dito Gonçalvo Anes coego que mandara as ditas viñas aa dita Johana Gonçalves, a qual levou para garda do seu dereito, et por ende diseron que os ditos tres puçaas de viño que eran seus e pediron ao dito vigario que livrasse o que achasse por dereito. Et o dito Afonso Fernandes disso que o dito Gonçalvo Anes coego que primeiramente dera as ditas viñas ao dito cabidoo e por ende que as non podia mandar despois aa dita Johana Gonçalves nen a outro alguun, et pediu ao dito vigario que sen enbargo da dita clausula e do allegado porla outra parte que non avia lugar, que lle mandasse desenbargar os ditos tres puçaas de viño et por essa meesma sentença mandasse que as ditas viñas ficassen livres e desenbargadas ao dito cabidoo e a el en seu nome sen enbargo dos ditos Johana Gonçalves e Afonso Cabeça seu marido e da dita sua crausula de testamento. Et sobresto as ditas partes diseron e rasoaron do seu dereito ata que concluyron e pediron ao dito vigario que visse as ditas cartas de contrauto e crausula e livrasse ontre as ditas partes commo achasse por dereito sen perlonga de juyso. Et o dito vigario ouvo o dito pleito por concluso e assignou çerto praso para dar sentença enno dito pleito e dende endeante para de cada dia. Et ao praso que lles foy asignado as ditas partes pareçeron ante o dito vigario e pediron sentença, et o dito vigario seendo en lugar de julgar, as partes presentes et sentença demandantes non feriado, o dito vigario deu huna sentença por palavra en esta maneira que se sigue: disso que achava que a dita Johana Gonçalves que avia daver a meetade dos ditos tres puçaes de viño por quanto disso que achava que era ja pareçido o froyto das ditas viñas quando morrera o dito Gonçalvo Anes coengo et por ende disso que mandava que a dita Johana Gonçalves e o dito seu marido que ouvessen a meetade dos ditos tres puçaas de viño deste dito anno, et mandou que o dito cabidoo que ouvese a outra meetade, et por essa mesma sentença mandou que as ditas viñas que ficassen daqui endeante ao dito cabidoo livres e quitas para senpre segundo que se conten enno dito contrauto por que as o dito Gonçalvo Anes coego deu ao dito cabidoo para o dito aniversario non enbargante a dita crausula de testamento por que as o dito Gonçalvo Anes mandara aa dita Johana Gonçalves. Et disso que assy o pronunçiava e mandava por sua sentença. Et o dito Afonso Fernandes coego disso que assy resçebia a dita sentença en nome do dito cabidoo. Dada foy a dita sentença en Ourense dentro enna igleia catedral de San Martiño, sabado viinte e oyto dias do mes de fevereiro, anno do nasçemento do nosso señor Jhesu Cristo de mill e tresentos e noveenta e quatro annos. Tests. que foron presentes Gil Rodrigues mestrescola e Diego Fernandes e Pero Fernandes de Seabal coegos d’Ourense e Afonso Pedreiro notario e outros.

Et eu Françisco Yanes notario sobre dito a esto que dito he presente foy e o escrivi e aqui meu nomme e meu signal puge por testimunyo de verdade que tal he.

(sinal)

Foy tayxada esta sentença por lo chantre en viinte e quatro diñeiros.