GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

522
1434decembro, 11

Expirado o prazo no preito que mantiñan Gonzalo de Pazos, morador en Toubes, e Pedro Martínez das Barras, e ante a incomparecencia deste, o vigairo condénao ao pagamento das custas. (fol. 162)

Gonçalvo de Paaços e Pero Fernandes.

A XI dias do dito mes, en Ourense ennas casas de Joan Afonso de Tolledo, el presente, paresçeu Gonçalvo de Paaços, morador en Tobes, por sy e por Fernandes de Cas de Gestola, et pedío ao dito vigario que por quanto fora enprasado por sy et por lo dito Pero Fernandes, a pedimento de Pero Martines das Barras, et onte fora o termino et oje se espirava a esta ora da terça et a parte non paresçia, por ende que lle pedía que condanase a parte nas custas e os enviase por liçençiados etç. Et o dito vigario diso que por quanto onte fora o termino et elles paresçeran e agora a outra parte non, que enviava por liçençiados da dita carta aos ditos Gonçalvo de Paaços e Pero Fernandes et que condanava ennas custas ao dito Pero Martines. Tests. Vasco escripvan e Domingo Fernandes.