GMH/ÍNDICE A-Z

105

1419, xaneiro, 13.
Nomeamento e xuramento feitos polos alcaldes Gómez Rodríguez, bacharel, e Vasco Fernández Troco.
Nomeamento de procuradores do Concello a favor de García Rodríguez, cambiador, e a Juan Domínguez de Linares, por un ano, salario de 1.000 maravedís e exención de impostos.
O Concello dá as cartas de costume ós veciños da cidade.
O Concello autoriza a Martín Galos e Juan Ares da Cana para que recaden e demanden, no prazo de 3 meses, as dereituras que lles eran debidas por razón das súas alcaldías o ano pasado.

ANNO DOMINI Mº CCCCXIX  
Enno anno do nasçemento de Nosso Señor Jhesu Christo de mill e quatroçentos e dez e nove annos, dia esta feyra treze dias do mes de janeiro. Sabean todos que seendo o conçello, regidores, jurados e omes bõos da çidade de Santiago juntados por crida de anaffil segundo que han de custume enno moesteiro de San Payo d’Ante Altares da dita çidade, presentes ende Martin Galos e Alvaro Affonso Juliate e Fernan Gonçales do Preguntoyro e Johan Aras da Cana e Afonso Fernandes Abril e Gomes Rodriges, bachiller en Decretos, jurados e regidores da dita çidade e en presença de min Fernan Eanes, notario publico de nosso señor el rey enna sua corte e en todos los seus regnos e escusador por Rui Martines, notario publico da dita çidade e dos testemoyas adeante scriptos; enton o dito Martin Galos por mandado do dito Conçello e regidores e omes bõos sobreditos tomou juramento sobre signal de Cruz en lugar de Santos Avangeos do dito Gomes Rodriges, bachiller e de Vaasquo Fernandes Troquo que presentes eran, os quaes foron nomeados e dados e eligidos por parte de nosso señor o arçobispo de Santiago don Loppe por Bernald Eanes do Canpo e por Afonso de Carrança, sobriño do dito señor arçobispo que fosen alcalles enna dita çidade este dito anno que eles ben e verdadeiramente husarian do dito offiçio de alcaldya e gardarian serviço de nosso señor el rey e do dito señor arçobispo e da sua Igllesia de Santiago e obedesçerian suas cartas e mandado e marian prol e onrra da dita çidade e visiños e moradores dela e gardarian dereito e justiça ao grande e ao menor. E os sobreditos Gomes Rodriges e Vaasquo Fernandes Troquo asy o juraron e prometeron de faser e conprir et feyto o dito juramento o dito conçello e regidores jurados e omes bõos disseron que reçebyan e reçeberon por alcalles da dita çidade este dito anno aos sobreditos Gomes Rodriges e Vaasco Fernandes Troquo. Testemoyas que a esto foron presentes Pero Eanes Abraldes, Johan da Caña, Aras Chantreiro, Alvaro Gil e Jacome Queijo, vizinos da dita çidade.
Predito.- O dito Conçello, alcalles, jurados, regidores e omes bõos, diseron que fasian e fezeron por seus procuradores doje este dia ata hũu anno primeiro seginte a Garçia Rodriges, canbeador, e a Juan Dominges de Lynares, visiños da dita cidade, para que podesen demandar e reçeber todas las contias de moravedis que en este anno fosen postos e lançados e repartidos enna dita çidade asy de rendas como de enprestidos e en outra qualquer maneira e todas las outras contias de moravedis que fosen devidas ao dito Conçello e gẽeralmente en todos los outros pleitos do dito conçello e negoçios movidos e por mover e para dar carta o cartas de pago do que reçebesen. Testemoyas os sobreditos.
Carta firme que ha de ser notada por la procuraçon dos procuradores do anno pasado.
Predito.- O dito Conçello, jurados e regidores, mandaron que os ditos procuradores ouvesen por seu traballo de procuratorio mill moravedis, branqua en tres dineiros cada ũu e fosen quitos de renda e pousadaria este dito anno. Testemoyas, os sobreditos.
(Fol. 54)
Predito.- Mandaron o dito Conçello, alcalles e regidores dar cartas acustumadas a os visiños da dita çidade. Testemoyas, os sobreditos.
Predito. Deron licençia a Martin Galos e Juan Ares da Caña que podesen recabdar e demandar suas dereituras que lles eran devidas por rason de suas alcaldias do anno pasado ata tres meses segintes e dende endeante non as podesen demandar e que fesesen as peñoras por lo servente do dito Conçello. Testemoyas, os sobre ditos.