GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

387

s/d

Avinza entre Diego de Cudeiro e o rexedor Goterre Afonso, por vender este unhas casas que recibira do primeiro por 900 mrs. que lle debía como fiador de Leonor de Nóvoa, comprometéndose aquel a pagalos en determinado prazo, so pena de perder definitivamente as casas. (fols. 114v-115)

Goterre Afonso rejedor.

Sabean quantos esta carta viren como nos, Diego de Codeiro et Goterre Afonso, anbos presentes, fasemos ontre anbos aviinça e conpostura en esta maneira que se sige, por rason que vos o dito Goterre Afonso rejedor me teendes vendidas et rematadas hunas miñas casas que estan enna Rua d’Oobra, por rason de çerta fiadoría que eu fiey a Lionor de Noboa contra don Joan Afonso abade que foy da Triindade, et por quanto eu enna miña ameatade devo noveçentos mrs. branca en tres dños., por ende eu o dito Goterr Diego de Codeiro me obrigo de pagar os ditos DCCCC .- a vos o dito Goterre Afonso en esta gisa, logo que vos ( fol. 114v)
pago en diñeiro feito çen mrs. e huna taça en prendas por dosentos mrs. vellos, et os outros dose tresentos mrs. que vos día ata día de San Martiño, et os outros tresentos mrs. delo dito día de San Martiño ata hun anno conprido primeiro sigente, et non vos dando os ditos mrs. ao dito termino do dito anno conprido, que as ditas casas que fiquen vendidas et rematadas enno ponto et estado en que agora estan, et que eu o dito Diego de Codeiro que en este tenpo do dito anno que leve por eso os alugueiros e proes da dita casa \e que as repare/ etç. para o qual anbos asy se obrigaron de o teer etç. Penna quiñentos mrs. etç. Tests. Loys Gonçalves das Tendas, Nuno Gonçalves da Praça notario, Rodrigo Calvo e Pero Fernandes de Porçomillos notario. A qual dita taça he chaan sen lavores, dourado enno fondo et he posto condiçon que pagando os ditos mrs. ao dito termino que todaslas ditas escriptuas sejan nehunas, ficando a salvo ao dito Diego de Codeiro de aver os ditos mrs. do dito Fernando Anriques, Lionor de Noboa.