GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo

105A

1356, abril, 25. Santiago de Compostela.
Xoán Fernández de Valdayo, cóengo-cardeal da Catedral de Santiago, dota a procesión de Santa María Salomé nesta Catedral de Mondoñedo, dando para iso as súas casas e viñas, que lle legara seu tío Xoán Pérez de Valdaio, racioneiro da devandita Catedral mindoniense.
A, perg., con signo notarial, de 192 x 242 mm. Letra gótica cursiva.

Era de mill et tresentos et nouenta et quatro annos viinte et çinco dias dabril. Sabean todos que en presença de min Affonso Mouro notario de Santiago / et das testenmoyas adeante escriptas don Johan Fernandes de Ualdayo cardeal na iglesia de Santiago disso que por muyta merçee que reçebera et aten/dia a reçebir en este mundo et depoys na alma de dona santa Maria Salome madre de Santiago que era titulo da sua cardealia que por / esto daua en doaçon assi commo doaçon mellor pode seer entre uyuos et de dereyto mays valer aa yglesia de Mondonedo as suas casas et / vyna que lle dera Johan Peres de Ualdayo seu tio raçoeyro que foy da dita yglesia de Mondonedo as quaes casas dizia que aforara por sete / libras pequenas desta moneda que oora corre cada anno para senpre segundo mays conplidamente disso que podia pareçer por las cartas dos foros delas et as quaes / casas et vyna disso que daua aa ditya yglesa de Mondonedo con tal condiçon que de cada anno façan festa doble enna see con proçisson et con capas / de sirgo no dia de santa Maria Salome que he viinte et tres dias do mes doytubro et digan a Missa con la proçisson(?) et que rogaua et pedia / a seu sennor don Affonso bispo \que/ agora he de Mondonedo et ao dayan et hommes boos do cabidoo da dita yglesia de Mondonedo que les prasa de re/çebir esta doaçon pequena et que elles façan cunplir esta carta et faser escriuir esta festa nos martilegiosda yglesia et faserlla guardar / de todo lauor et na çibdade de Villamayor ca disso que ben o podia faser de dereyto. Et outrossi que lles rogaua et pedia que do que ren/deran as ditas casas et vyna que dean aos clerigos do coro a quarta parte que esteueren aas oras et foren aa proçisson na festa et que canten / et lean a sus estoria que disia que les enviaua scripta et pontada et que en esto farian seruiço aa dita santa Maria Salome et aos seus fillos Santiago et a san Johanne et que lles seeria soude das almas et dos corpos. Et se por la uentura estes ditos senores que oora hi son / ou os que foren adente na dita yglesia non quesseren conprir o que sobredito he disso o dito cardeal que daua as ditas casas et vyna / en doaçon para senpre ao espital de Villamayor et que non lle seian enbargadas da dita yglesia de Villamayor por nenhua outra / rason. Et de commo fasia esta doaçon enna maneira sobredita o dito cardeal pedio a mi notario que lo desse scripto con meu nome et signal. / Esto foy enna çidade de Santiago ennos ditos dia et era. Testemayas que presentes foron Don Loppo Affonso arçidiago de Mayorga. Martin Fernandes raçoeyro de Santiago. Domingo Eanes et Fernan Peres scriptores.
Eu Affonso Mouro notario sobredito chamado et rogado con las ditas testemoyas presente foy et fiz escriuir et meu nome et sinal ponno en testemoyo de verdade. (Signo, no que se le: Alfonsus).
(Reverso):
M. iii. n. 39. A. xix. D. nº 39. Donacion de Juan de Baldayo cardenal de vnas casas al cavildo.