GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

762
1377, abril, 5. Lugo
O bispo e o Cabido de Lugo afóranlles a Afonso López e á súa muller e a dúas voces as casas que habitan na rúa da Triperia, coa obriga de facer un boo paaço con sobrado. Deseguido, o foreiro dóalle ao Cabido, para unha procesión, unha casa na rúa Miñá.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 103v.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos don frey Pero Lopes da orden dos pregadores, por la gracia de Deus et da Santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, con outorgamento do dayan et cabidoo da nosa iglesia de Lugo, damos afforo et avervo a vos Affonso Lopes d’Aguiar et a vosa muller, Beringuela Affonso, et a duas persoas, que seian fillos ou fillas de vos anbos et dous, qual o pustrimeyro de vos nomear en vida ou a tempo de seu finamento, et se non ouverdes fillos ou fillas anbos et dous que seian duas persoas quaes vos o dito Affonso Lopes nomeardes en vida ou a tempo de voso finamento, as nosas casas en que vos ora o dito Affonso Lopes morades que son enna rua da Triparia, enas quaes soya morar ante que vos morasedes don Lopo Eanes, arçidiago de Sarrea, as quaes casas vos damos segundo dito he con seu vergeu et dereyturas a a tal condiçon que as moredes et paredes ben et as mantenades en boo estado, et façades en ella hun boo paaço con sobrado a par da torre da dita casa sobre a porta et cavalariça que y esta contra a rua per ut entran ennas ditas casas. Et a voso finamento et da pustrimeyra persoa as ditas casas an de ficar livres et quitas et desenbargadas et feytas en boo paramento a a dita iglesia de Lugo, con todos los boos paramentos que y foren feytos. Et eu, o dito Affonso Lopes, assy o reçebo assy o reçebo (sic) de vos, o dito sennor obispo, et dayan et cabiidoo o dito foro et vervo das ditas casas para min et para a dita minna muller et persoas, et para o asy comprirnos et gardar en todo, segundo dito he, et para faser o dito sobrado, obligo min et meus bees movilles et rayses gaanados et por gaanar. Et por este ben et merçee que nos vos, o dito sennor obispo, et dayan et cabidoo fasedes, eu o dito Affonso Lopes dou a vos, o dito dayan, et cabidoo para vos et para a dita vosa iglesia et para os aniversarios dela que aiades para senpre iamays por iur de herdade a mina casa, que esta enna rua Minaa sub o signo da capela de San Pedro, a par de outra casa de Pedro Affonso, mercador, con todas suas dereyturas et pertenenças, entradas et seydas, et aguas vertes, a qual casa foy de Ruy Façal; et ponno logo a vos, o dito dayan, et cabiidoo et aniversarios da dita iglesia de Lugo enno iur et posison et propiedade da dita casa, et tiro ende a min et a toda mina vos, et des oge mays este dia avedea senpre en pas todo meu senorio et poderio seia tirado et removido de min, o dito Affonso Lopes, et posto en vos, o dito dayan, et cabidoo et vosa iglesia por tal condiçon que façades por la dita casa, de cada anno, huna prosiçon por dia de Santa Crus segundo que Johan Guterres, coengo que foy da dita iglesia, mandou faser faser (sic) por las ditas casas en que mora o dito Lopo Eanes, arçidiago de Sarrea, que estan a çerca da dita iglesia de Santa Maria, et en que o dito Iohan Gutierres soya morar, et as casas en que soya morar o dito Iohan Guterres, et que aquel que en ellas morar d’aqui adeante que non seia teudo de faser por ellas a dita proçison, et que seian dellas livres et exentos, et que vos, o dito dayan, et cabidoo que a façades por la dita casa que vos eu, o dito Affonso Lopes, dou segundo que a o dito Iohan Guterres mandou faser.

Et nos, o dito dayan et cabidoo, asy reçebemos a dita casa de vos, o dito Affonso Lopes, que nos dades para nos et para a dita nosa iglesia et aniversarios della, et outorgamos que avemos por ela de faser de cada anno a dita prosiçon enna maneyra que dita he. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes mandamos et rogamos a Ares Peres, coengo et notario publico de Lugo, que fesesse ende duas cartas en hun tenor signadas con seu signal.

Feytas en Lugo çinquo dias d’abril, era de mill et quatroçentos et quinse annos.

Testemoyas que foron presentes: don Iohan Afonso, dayan de Lugo; et don Gonçalvo Eanes, chantre; don Rodrigo Affonso, arçidiago de Deça; don Pedro Ares, arçidiago de Neyra; don Lopo Eanes, arçidiago de Sarrea; don Pedro Aras, arçidiago de Triacastella; dom Ruy Gomes, mestrescolla de Lugo; dom Diego Gomes, thesoreyro; Thomas Gomes, Fernando Peres, Affonso Ferrnandes, Ares Ferrnades, coengos, et outros.

Et eu Aras Peres, coengo et notario publico de Lugo dado por lo sennor obispo desse lugar, a esto presente fuy et a rogo das ditas partes esta carta en minna presença fis scrivir et puge y meu nome et signal en testemoyo de verdade.