GMH/ÍNDICE A-Z

1144
1462, marzo, 3 xoves. Lugo

O vigairo lucense afóralles a Afonso Fernández e a dúas voces as herdades das Quartas en Santalla de Fargoi, por renda anual de tres fanegas de centeo.

MADRID, AHN, Carp. 1333 C/9, perg. orix., galego, cortesá, 220 x 290 mm.
   

Sabean quantos esta carta de foro viren como eu Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea en a iglesia de Lugo, vigario general et fasedor por meu senor don Garçia de Vaamonde, por la devinal graçia Obispo de Lugo, por poderio que ey et teno do dito senor Obispo para o negoçio juso escripto, et veendo et entendendo que he serviçio do dito senor Obispo et prol et boo paramento de sua iglesia et mesa obispal, aforo a vos Afonso Fernandes de Santa Alla et a outras duas personas depoys de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tenpo de voso finamento et non seendo nomeada que seia aquela persona que vosos bees erdare de dereito, et a outra que seia aquela que nomear a que por vos for nomeada. Conben a saber que vos aforo, como dito he, todas las erdades chamadas das Quartas, a monte et a fonte, por onde quer que jagan et vaan, sub o signo de Santa Alla de Fargoy, que suya trager et labrar Lopo Ares de Coyna, a a tal pleito et condiçon que vos et as ditas personas labredes et reparedes ben as ditas erdades et as tenades en boo paramento, et dedes et pagedes por elas de foro, en cada hun ano, tres fanegas de çenteo linpo de poo et de palla, medido por medida dereita, posto en pas et en salvo en a aldea de Coyna des dia de Santa Maria d’agosto fasta Santa Maria de setenbre; et avedes de ser vos et as ditas personas serbentes et obedientes a o dito senor Obispo et a seus suçesores, pagarlle as ditas tres fanegas de pan en cada ano, ou a quen ho por el ouver de aver et recabdar; et a finamento da postrimeira persona que as ditas erdades fiquen libres et quitas et desenbargadas a o dito senor Obispo et a seus suçesores con todos los boos paramentos que en elas foren feitos, et que a persona que suçeder en o dito foro do dia que for nomeada por persona fasta trinta dias ho vena mostrar como he persona do dito foro, sub pena de o perder.

Et eu, o dito Afonso Rodrigues, que presente soo por min et para as ditas personas asi reçebo o dito foro et me obligo et a meus bees, mobiles et rayses, et das ditas personas de conprir et pagar et atender segun se en el conten. Et eu, o dito arçediano, asi vos lo outorgo por ante o notario et testigos juso escriptos.
Que foy feyto et outorgado en a çibdad de Lugo dentro en os palaçios do dito senor Obispo, joves, tres dias do mes de março, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seseenta et dous anos.

Testigos que foron presentes: Roy Lopes, sancristan, et Francisco de San Jullaao, clerigos; et Lopo Caneiras, et outros.

Et eu Fernando Ares de Burgo Novo, notario publico da çibdade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia dese lugar, a todo esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente foy et esta sobredita carta de foro por mandado et outorgamento do dito arçediano et vigario et a pedimento do dito Afonso Rodrigues aqui puje meu nome et signo que tal he en testemoyo de verdade.

Presentado ante mi senor don Alfonso Enrriques, Obispo de Lugo, en veynte et tres dias del mes de enero, de mill et quatroçentos setenta et ocho anos, mandole el Obispo mi senor que ponga el pan aqui en la tulla de su senor.

Johan de Villa[...], notario.