GMH/ÍNDICE A-Z

72

febreiro, 2

Xoán de Ramuín solicita aos xuíces que manteñan preso o que lle roubou dous rocíns. (fol. 23-23v)

En este día Joan de Ramuyn, vesiño d’Ourense, deu querella a Loys Gonçalves, juis d’Ourense, de (- - -), fillo de (- - -) da Ben Posta, que estava preso en cadea en poder de Afonso Yanes, do qual dava querella que lle furtara dous roçiins, hun deles castano escuro e ho outro castano claro, en este mes de setenbro primeiro \(pasado)/, et que o desafiava, por ende que o tevese preso e recadado e o non dese solto nen fiado ata que a justiça de noso señor el rey en el fose conprida e el alcançase conprimento de dereito e de justiça, senon que protestava etç. ( fol. 23)
et o dito juis diso que lle pesava esta prestes de faser conprimento de dereito e de justiça e que o non tina en seu poder e que fose requeryr a seu conpaneiro Afonso Yanes juis que o teña preso, et el da sua parte que era prestes de faser aquelo que con dereito devese. Tests. Martin Peres, Rodrigo de Sandoval, Afonso do Cabo, vesiños d’Ourense.